Amosando publicacións coa etiqueta novembro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novembro. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de novembro de 2024



        LECTURAS CONTRA  A VIOLENCIA DE XÉNERO

              

Neste 25 de novembro é necesario recordar unha vez máis que sigue sendo unha prioridade loitar por una sociedade libre de todo tipo de violencia. A lectura é unha boa maneira de facelo e por iso expoñemos os fondos da biblioteca sobre mulleres que sufriron esta lacra social, sobre as formas de previr unha violencia difícil de comprender e sobre o papel fundamental da educación como ferramenta para construir unha sociedade máis igualitaria.



 
                       


















venres, 15 de novembro de 2019

Mes da Ciencia en Galego



Xa podedes disfrutar da exposición de libros en galego, escollidos entre os nosos fondos, relacionados con a bioloxía, a xeoloxía, as matemáticas, a física, a química, as ciencias do medio ambiente ... e textos literarios que teñen algún tipo de conexión con estas disciplinas.



Hai moitas novidades e moi atractivas!



















































luns, 4 de novembro de 2019

Mes da Ciencia en Galego



Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai oito anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.



Na BiblioLeiras estamos a preparar unha exposición cunha selección de materiais dos nosos fondos.



CONFERENCIA DE LUÍS LIZ MARZÁN: A Nanotecnoloxía no Ano Internacional da Táboa Periódica
O día 8 de novembro de 2019 os nosos alumnos/as asistiron á conferencia de Liz Marzán, no día da Ciencia en Galego, como un dos homenaxeados neste día falando sobre nanotecnoloxía. 


 

luns, 6 de novembro de 2017

RETO de NOVEMBRO


Un libro escrito por un/unha Premio Nobel


Vicente Aleixandre, Jacinto Benavente, Pearl S. Buck, Albert Camus, Camilo José Cela, Grazia Deledda, Bob Dylan, Gabriel García Márquez, William Golding, Günter Grass, Ernest Hemingway, Hermann Hesse, Juan Ramón Jiménez, Rudyard Kipling, Herta Müller, Luigi Pirandello, José Saramago, Jean Paul Sartre, Mario Vargas Llosa...




Ven á nosa biblio, escolle un libro e apúntate ao reto. 


Hai moito onde elixir!!!