Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións

luns, 29 de outubro de 2018

Semana 2 de DONAS DE SI: Matemáticas


 


Esta semana, no Plan Proxecta "Donas de si", dedicámonos ás matemáticas, ás mulleres matemáticas:

1ª pista: Morreu hai só catro anos.

2ª pista: Na Universidade non tomaba anotacións, pero os seus compañeiros pedíanlle que corrixixe as súas. 

3ª pista: Matemática galega ilustre. 






Solución da Semana 2: María Wonenburger

xoves, 16 de febreiro de 2012

Finaliza a I Semana das Matemáticas



Finaliza a I Semana das Matemáticas cunha visita moi especial. Os nenos e nenas de 6º de Primaria do Colexio de Casás achegáronse até o Leiras Pulpeiro para participar tamén nalgunha das actividades programadas para esta semana. Tras observar con atención a exposición do corredor central, dirixíronse á biblioteca para ver o vídeo Donald no país das matemáticas. Ao terminar a proxección, a xefa do departamento de Matemáticas, Ana García, respondeu a todas as preguntas que expuxeron os pequenos. Nas seguintes presentacións podedes ver as imaxes que resumen esta I Semana das Matemáticas. Grazas a todos os que participastes nela polo voso entusiasmo e colaboración.

As matemáticas "recreativas":







As matemáticas na "biblio":




Os nenos de Casás:

venres, 10 de febreiro de 2012

As lecturas matemáticas máis divertidas



As matemáticas non son tan aburridas como parece. Achégate á biblioteca e leva algún dos libros da exposición "LECTURAS MATEMÁTICAS" que preparamos pensando en ti. Nesta guía atoparás máis información sobre eses libros que te introducirán no mundo das matemáticas máis divertidas.







xoves, 9 de febreiro de 2012

Poemas matemáticos



Os números, a xeometría e outros compoñentes matemáticos vólvense poesía na seguinte selección de poemas.






mércores, 8 de febreiro de 2012

O porqué do léxico matemático



Cun reducido número de raíces gregas e latinas pódense formar moitos termos propios da linguaxe científica e técnica.


Se queres coñecer o porqué dalgunhas palabras do léxico matemático, interésache ler este documento.








A divina proporción



A proporción áurea ou o número áureo, representado pola letra grega Φ, en honra ao escultor grego Fidias, está presente na natureza, o corpo humano, a arquitectura e outras manifestacións artísticas como a escultura, a música ou o deseño.


Pescúdao na seguinte presentación.






luns, 6 de febreiro de 2012

Semana das Matemáticas



Comeza hoxe unha semana dedicada ás Matemáticas no Leiras Pulpeiro. O Departamento de Matemáticas organizou unha serie de actividades para demostrarnos que as matemáticas están en todo o que nos rodea e poden ser moi divertidas.
Todos os grupos de ESO asistirán, segundo un horario previamente establecido, á proxección de dous vídeos: Donald e as Matemáticas e Viaxe ao infinito. A proxección terá lugar na biblioteca, onde tamén poderán ver a exposición de libros matemáticos que forman parte dos nosos fondos. No corredor central colocamos uns paneis con información variada: o número áureo na natureza e a arte, a sucesión de Fibonacci no mundo que nos rodea, a orixe grecolatino do léxico matemático, a historia dos números, unha colección de selos matemáticos, unha selección de poemas matemáticos e outras curiosidades matemáticas. E durante o recreo haberá xogos de enxeño, tangram, quebracabezas... Non cho perdas.