Amosando publicacións coa etiqueta Feira de Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Feira de Nadal. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de decembro de 2025

 

 LECTURAS COMPARTIDAS NA FEIRA DE   NADAL

Durante a Feira de Nadal do IES Leiras Pulpeiro, na Biblioleiras compartíronse lecturas en galego, castelán, inglés e francés entre o alumnado que participou no concurso Conto de Nadal, organizado
por Biblioleiras. Antes da lectura en público, os alumnos e alumnas tiñan que atopar unha serie de libros
agochados na biblioteca seguindo  unhas pistas, relativas á CDU, que lles proporcionamos. Unha vez atopados, debían ler uns fragmento ó resto de alumnado presente. Os leiros, moeda de uso interno no noso centro, eran a recompensa, esgotáronse todos. Esa era a nosa intención!









sábado, 21 de decembro de 2024

 BIBLIOLEIRAS NA FEIRA DE NADAL

 

 O noso centro despide o primeiro trimestre do curso coa  Feira de Nadal que este ano tivo lugar o xoves 21 de decembro ás 11:30h.

En cada unha das actividades  obtéñense Leiros, moeda de uso interno, que se cambiaron durante toda a xornada na cafetería por alimentos saudables. Os Leiros caducan ese mesmo día.

Entre as moitas  actividades que se ofertaron este ano estaba "Contos de Nadal", organizada pola biblioteca, que pretende fomentar a lectura no alumnado ao mesmo tempo que avaliar o seu coñecemento sobre a búsqueda dos libros no espazo da Biblioleiras. Todo isto dun xeito lúdico e sinxelo. 

A resposta dos nosos alumnos/as foi moi boa e,  antes do que pensábamos, tivemos que colgar na porta o caltel de "xa non temos máis Leiros" !

 

 







 

 



xoves, 22 de decembro de 2022

Busca e lectura de "Un conto de Nadal"


O alumnado do Leiras participou na Feira de Nadal buscando, localizando e lendo na Biblioleiras varios fragmentos da novela de Charles Dickens en diferentes formatos e idiomas: Un conto de Nadal, Cuento de Navidad e A Christmas Carol, respectivamente.

Máis de 25 rapazas e rapaces de diversos cursos xogaron, leron e gañaron leiros neste día de festa. 

Parabéns e grazas a todas e todos os participantes. 

Aquí tedes algunhas fotos e vídeos: