miércoles, 28 de diciembre de 2016

CLUB de LECTURA: reunións e visita de Manuel Núñez Singala

Os lectores leirantes con Manuel Núñez Singala




Para pechar o 1º trimestre, o club de lectura, entre os días 7 e 20 de decembro, desenvolveu unha serie de activides moi interesantes e entretidas:







  • Reunión dos lectores leirantes de 1º e 2º de ESO para intercambiar opinións sobre a lectura proposta: O achado do castro, unha tola e divertidísima obra teatral de Manuel Núñez Singala.
1º e 2º ESO

















  • Reunión dos lectores leirantes de 3º e 4º de ESO para falar de Aya de Yopougon, a exitosa novela gráfica de Marguerite Abouet.
3º e 4º ESO


  • 1ª reunión do club senior para comentar as impactantes historias do libro Nómades de Xosé Tomás, así como para intercambiar recomendacións lectoras para as próximas vacacións de nadal.
Benvid@s as novas incorporacións
  


  • Como broche de ouro e aproveitando a visita do escritor Manuel Núñez Singala (que acudiu o día 20 ao noso centro invitado polo Departamento de Galego para dar unha charla aos rapaces de 3º de ESO e 1º de BAC), todos os rapaces e rapazas do Club de lectura tiveron a oportunidade de coñecer e fotografrase co autor. Estámoslle moi agradecidos pola súa amabilidade e paciencia na firma de libros para o alumndo e mesmo para a nosa biblioteca. Máis información na lapela superior É un falar ou neste enlace do EDLG.


domingo, 11 de diciembre de 2016

"DESIDERATA"

 

Desiderata

Achégase o Nadal, así que propoñemos que fagades as vosas suxestións para adquirir novos libros.

Os ratos máxicos da Biblioteca tratarán de cumprir os vosos desexos.  
 



ESCRIBE NA FICHA
O TÍTULO E O AUTOR DO LIBRO QUE CHE GUSTARÍA ATOPAR NA NOSA BIBLIOTECA

 ENGADE O TEU NOME E INTRODÚCEO NO COFRE DOS DESEXOS
(Á volta das vacacións, podedes vir comprobar se xa chegaron)

PREMIOS do Concurso de HAIKUS "o libro é..."









 
Non foi doado escoller entre os 31 haikus participantes no concurso "O LIBRO É..." que convocamos para conmemorar o Día das Bibliotecas. 

O xurado, formado por tres profesores do equipo da biblioteca e dúas alumnas colaboradoras, por fin procedeu a votar e a facer públicos os resultados. 

Houbo 9 haikus finalistas, entre os que se atopan os premiados:

ACCÉSIT  para Mayerly Trujillo González de 3º ESO
1º PREMIO para Aray Rodríguez Díaz de 1º BAC

1º PREMIO - Aray Rodríguez
ACCÉSIT - Mayerly Trujillo












finalistas












PARABÉNS!!



Aquí podedes ver máis fotos da exposión que se fixo con todos os haikus presentados, así como da entrega de premios: