Amosando publicacións coa etiqueta Boletíns. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Boletíns. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de febreiro de 2012

As lecturas matemáticas máis divertidas



As matemáticas non son tan aburridas como parece. Achégate á biblioteca e leva algún dos libros da exposición "LECTURAS MATEMÁTICAS" que preparamos pensando en ti. Nesta guía atoparás máis información sobre eses libros que te introducirán no mundo das matemáticas máis divertidas.







xoves, 22 de decembro de 2011

Bó Nadal e Feliz Aninovo

O NADAL é tempo de descanso...



...de reencontros...



..de ledicia...



É tempo de sentarse nun recuncho...



...de respirar tranquilo...



...e LER UN LIBRO...



Dende a Biblioteca Escolar do IES Leiras Pulpeiro queremos enviarvos os nosos mellores desexos e algunha recomendación, por se vos apetece viaxar entre as páxinas dun libro amigo... Bó Nadal e Feliz Aninovo.




















venres, 25 de novembro de 2011

Elas, feminino plural





Este é o título da exposición de libros con motivo da conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero. Propoñémosvos lecturas para reflexionar sobre o valor da igualdade a través da literatura non discriminatoria.


Poderás atopar nesta exposición varias obras nas que a muller ten un papel protagonista. Con algúns dos títulos elixidos coñecerás outras culturas e viaxarás a países onde a muller é unha figura irrelevante, vítima do maltrato e a violencia e condenada a vivir en sociedades non igualitarias.

martes, 22 de novembro de 2011

Lecturas para pasalo de medo


Seguro que o pasastes de medo lendo algún dos libros da exposición "Medo me dá", porque misteriosamente foron desaparecendo da mesa onde estaban.


Cando xa estamos a piques de retirar o que queda da exposición, achégovos, nesta terrorífica presentación, unha guía cos títulos máis salientables, por se queredes seguir pasándoo de medo.






domingo, 22 de maio de 2011

Arredor do 36



Aproveitando a proxección do documental "O segredo da Frouxeira" e a visita de Paulino Gasalla, preparamos na biblioteca a exposición "Arredor do 36".

Deixamos aquí unha imaxe e un glogster coa selección de libros que fixemos.

luns, 10 de xaneiro de 2011

Grandes escritores premiados no 2010



Aquí tedes unha terna de grandes escritores. Todos eles teñen algo en común: foron galardonados cun importante premio no ano 2010. Non descubrimos nada, soamente os poñemos xuntos aquí, no mesmo andel, e vos recomendamos algunhas das súas mellores obras:



luns, 20 de decembro de 2010

GUÍA DE LECTURAS PARA NADAL

Este é o tríptico con recomendacións de lecturas que preparou o Equipo da Biblioteca coa colaboración dos departamentos de Lingua castelá, Lingua galega e Inglés, e que vos entregaremos xunto co boletín de notas o vindeiro día 22.
O noso obxectivo é animar a toda a comunidade educativa a ler.
Aproveitamos para desexarvos un Feliz Nadal e un venturoso 2011.




Se queres ver o boletín en Issuu, segue este enlace.

mércores, 15 de decembro de 2010

A violencia de xénero



Aquí tedes algunhas lecturas recomendadas sobre a violencia de xénero. Esperemos que algún día non sexa necesario escribir máis sobre ela, senón como unha mera lembranza do que nunca máis volverá a pasar:



martes, 23 de febreiro de 2010

martes, 10 de marzo de 2009

venres, 23 de xaneiro de 2009

Películas sobre a Paz



Sobre a Paz nunca se escribe dabondo. Nestas películas os cineastas abordan o tema dende diferentes perspectivas: unhas máis divertidas e outras non tanto. Todas elas unha marabilla.