mércores, 17 de novembro de 2021

No pasamento de DARÍO XOHÁN CABANA, 17 novembro de 2021

 

Neste triste día, queremos renderlle homenaxe a un persoeiro grande das nosas letras: Darío Xohán Cabana.

 


Deixounos hoxe con 69 anos e debemos lembrar que na nosa biblioteca temos moitos dos seus libros de poesía, narrativa, tradución... Mesmo temos algúns dedicados, xa que tivemos a sorte de que nos visitase hai uns anos. 

 

Magnífico escritor e grandísima persoa, que sempre estará nos nosos corazóns e nos nosas lecturas: Ábrelle a porta ó día, A fraga amurallada, Romanceiro da Terra Chá, Amor e tempo liso (Cancioneiro), Cantigas de amor vilao, Patria do mar, Fortunato de Trasmundi, As aventuras de Breogán Folgueira, Galván en Saor, Libro dos moradores, O cervo na torre, Morte de Rei, Cancioneiro de Petrarca, A Divina Comedia de Dante...


 

 

Grazas por tanto, DARÍO.












Ningún comentario:

Publicar un comentario