martes, 29 de marzo de 2016

Día Mundial do AUTISMO - 2 de abril




O equipo da biblioteca convídavos a participar nas actividades que imos realizar para conmemorar o
 Día Mundial do Autismo:









* Durante os recreos dos días 29, 30, 31 de marzo e 1 de abril haberá un obradoiro de pulseiras das nosas cores. 
 


  

Se sabes facelas, queres aprender ou, simplemente, queres axudar, anímate a pasar polas mesas que hai diante de secretaría. 


Ponte pulseiras



* Venres, día 1 de abril:

- PULSEIRAS PONTE:  procederase ao reparto das pulseiras confeccionadas ao longo da semana.


Ponte azul
- PONTE AZUL: animamos a toda a comunidade educativa a que veña neste día vestido de azul como símbolo de solidariedade.





    Moitas grazas a todos os participantes. 
Podedes ver todas as fotos neste enlace da web do instituto ou a continuación:
 Día do Autismo - 2 de abril on PhotoPeach




mércores, 16 de marzo de 2016

DÍA MUNDIAL DO TEATRO


 
Día mundial do Teatro

27 de marzo de 2016


PÁSATE POLA BIBLIOTECA PARA VER A GRAN EXPOSICIÓN DE OBRAS TEATRAIS
DE DIFERENTES ÉPOCAS, AUTORES E LINGUAS

venres, 26 de febreiro de 2016

Día de ROSALÍA (24 de febreiro de 2016)

Un ano máis, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o Equipo de Dinamización organizou unha serie de actividades interesantes e divertidas:


1. Participación na campaña mobilizaRosalía da  AELG.


2. Os alumnos e alumnas de 1º ESO recitaron o poema "Campana de Bastabales" cun estupendo acompañamento musical executado por dous compañeiros.


3. A continuación, tanto alumnado como profesorado puideron facerse fotografías caracterizados como Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro ou Manuel María nun photocall moi especial, e grazas á colaboración da profesora de plástica Ana Belén Somoza,  que realizou a execución artística deste impresionante panel.

 
 4. Ao longo da mañá, calquera membro da comunidade educativa puido retratarse neste photocall.



* Podedes ver a reportaxe fotográfica completa na pestana superior É un falar que nos leva ao blog do EDLG ou ben premendo neste enlace

sábado, 20 de febreiro de 2016

A Fundación TIC no Leiras Pulpeiro


Hai uns días, os nosos alumnos de Tecnoloxía participaron na gravación dun programa realizado pola Fundación TIC.

Un estupendo traballo no que falaron da utilización das novas tecnoloxías no centro, do fomento da lectura a través do Club Lector, con entrevistas, reportaxes, conexión co noso corresponsal en Nova York, o home do tempo... En fin, tedes que velo no seguinte enlace:  Programa TicoDiario: IES Leiras Pulpeiro

 

sábado, 30 de xaneiro de 2016

Charla de SABELA NÚÑEZ SINGALA para Lecturas Leirantes (28-I-16)

 

O pasado xoves, 28 de xaneiro, os rapaces e rapazas do Club de Lectura de 1º e 2º de ESO recibiron a visita de Sabela Núñez Singala, autora do libro que veñen de ler:  
O agasallo de Anya


Coa axuda de Xiana, unha boneca viaxeira e soñadora, deunos toda unha lección de solidariedade coa que os leirantes aprendemos, divertímonos e compartimos diferentes opinións. 

Moitas grazas, Sabela (e Xiana, por suposto).
   

 Queredes ver fotos? Aquí as tedes:


xoves, 28 de xaneiro de 2016

Os Lectores Leirantes "van ó cine"




                 Como actividade de fin de trimestre, o día 18 de decembro, o alumnado do Club de lectura puido gozar coa proxección desta marabillosa película francesa que nos amosa a vida dunha familia moi especial: 
La familia Bélier





Tamén podedes ver algunhas fotos doutros momentos das reunións do club:


Constitución do Club 1º ciclo
Constitución do Club 2º ciclo

Visita á Biblioteca Nodal



Falamos das lecturas






















Reunión coa xefa


Club Senior









Leirantes, sodes os mellores!

xoves, 7 de xaneiro de 2016

LECTURA-HOMENAXE a XOSÉ NEIRA VILAS (16-XII-15)

              Antes de irnos de vacacións de Nadal, quixemos facerlle unha merecida homenaxe ao autor galego, recentemente falecido, don Xosé Neira Vilas.

                    Con tal fin, expuxemos todos os libros que deste grande escritor temos na nosa biblioteca, moitos deles asinados e dedicados persoalmente polo autor para o noso centro, verdadeiras xoias polas que lle estaremos sempre agradecidos.  

                    Ademais, o día 16 de decembro, os nosos leirantes, membros do Club Lector, fixeron unha lectura dalgúns dos seus poemas e textos narrativos máis emblemáticos: ao longo da mañá, foron pasando por cada unha das aulas de todos os grupos de ESO, mentres os seus compañeiros escotaban atentos.

       Moitas grazas, unha vez máis, pola vosa colaboración e axudarnos a facer esta sentida homenaxe.

 ATA SEMPRE DON XOSÉ!

A continuación, podedes ver algunhas das fotografías do evento:
    


domingo, 29 de novembro de 2015

NEIRA VILAS, IN MEMORIAM (27-11-2015)

Deixounos o grande Xosé Neiras Vilas
 RIP

Aínda temos na nosa memoria a súa visita ao Leiras de hai só uns meses. 
Nós queriamos agradecerlle o envío de varios libros asinados e dedicados para a nosa Biblioteca e el, dunha forma xenerosa e a pesar da súa delicada saúde, accedeu a visitarnos e honrarnos coa súa presenza.
Así, o día 16 de abril deste mesmo ano, ofreceunos unha maxistral conferencia sobre a súa vida, obra e compromiso coa cultura e a lingua de Galicia. 
Os rapaces, que enchían o salón de actos, non esquecerán o privilexio de estar ante un grande das nosas letras.

Podedes ver a reportaxe fotográfica daquela visita na páxina Web do IES Leiras Pulpeiro
ou aquí:


Poesía e Música CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 de novembro)




O pasado mércores, 
25 de novembro, organizamos unha serie de actividades 
para unir as nosas voces no        DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:




1) Recital de poemas compostos polo  alumnado de 4º ESO. A continuación, podedes ler algún dos poemas recitados polos vosos compañeiros no Salón de actos do Instituto:


2) Paralizadas as clases ás 12:00, todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse no pavillón para desenvolver un acto de repulsa contra a violencia machista, que consitiu nun manifesto e lectura de poemas,  acompañados de música en directo interpretada por unha alumnna do centro e, finalmente, un minuto de silencio. 

Estes actos tan emotivos foron recollidos nunha reportaxe fotográfica que podedes ver na páxina Web do IES Leiras Pulpeiro (preme aquí)

sábado, 7 de novembro de 2015

Concurso "A NOSA BIBLIOTECA"


1º P. de poesía
1º P. de narrativa
Para conmemorar o
 Día das Biliotecas
  (24 de outubro) convocamos un concurso no que podiades presentar textos en prosa ou en verso nos que explicásedes    
que significa para vós a biblioteca do Leiras. 
2º P. de  poesía
2º P. de  narrativa


A participación foi un éxito, 
e os resultados máis. 





3º P. ex aequo de poesía
3º P. ex aequo de narrativa

Aquí tedes algunhas fotos da entrega de premios e un ISSU  para ler os textos premiados.


Moitas grazas a todos e noraboa aos gañadores.
Premio accésit de poesía
Premio narrativa BAC




                                                             
Textos premiados no concurso A NOSA BIBLIOTECA: