Deixounos o grande Xosé Neiras Vilas
RIP
Nós queriamos agradecerlle o envío de varios libros asinados e dedicados para a nosa Biblioteca e el, dunha forma xenerosa e a pesar da súa delicada saúde, accedeu a visitarnos e honrarnos coa súa presenza.
Así, o día 16 de abril deste mesmo ano, ofreceunos unha maxistral conferencia sobre a súa vida, obra e compromiso coa cultura e a lingua de Galicia.
Os rapaces, que enchían o salón de actos, non esquecerán o privilexio de estar ante un grande das nosas letras.
Podedes ver a reportaxe fotográfica daquela visita na páxina Web do IES Leiras Pulpeiro
ou aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario