luns, 8 de xuño de 2026
luns, 11 de maio de 2026
Begoña Caamaño (1964-2014)
xoves, 30 de abril de 2026
RETO LECTOR DE MAIO
Xa estamos rematando os nosos retos lectores mensuales deste curso. En Maio, mes de celebración das letras galegas, o reto consiste en ler ler un libro en galego. Ao igual que todos os meses, tedes na biblioteca á vosa disposición unha exposición temática da que podedes levar un exemplar para seguir o reto. Hai libros de todos os xéneros e para todas as idades e intereses. Recordade que tamén podedes ler un libro que teñades na casa, prestado...
luns, 20 de abril de 2026
LIBROS A ESCEA!
Neste mes de abril estamos a celebrar un tempo moi especial para a lectura xa que empezamos o novo reto lector adicado ao teatro e a nosa exposición sobre a mesma temática, na cal se poden ver moitos programas deste xénero literario que a nosa compañeira do equipo de biblioteca Ana Dopazo foi gardando ao longo dunha vida de paixón polo teatro.
Asi mesmo expoñemos as bases do concurso organizado polo departamento de Lingua Castelá polo Día do Libro que consiste en crear unha portada creativa dun libro.
Como de costume, recomendámosvos lecturas para estas datas e propoñemos o Reto lector de abril: ler un libro de ttro.

.png)
luns, 16 de marzo de 2026
POESÍA, POESÍA
Con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía, Biblioleiras organizou unha exposición de libros de poesía co obxectivo de achegar o alumnado a este xénero literario e espertar o interese pola lectura e a creación poética.
A mostra reuniu obras de autores clásicos e contemporáneos, ofrecendo ao alumnado a oportunidade de descubrir diferentes estilos, temáticas e formas de expresión. Durante varios días, a comunidade educativa puido visitar a exposición e explorar unha coidada selección de libros que puxo en valor a riqueza e a diversidade da poesía.
Ademais, a actividade contou coa participación da Maleta Viaxeira, unha iniciativa que fomenta o intercambio e o goce da lectura. A maleta, cargada de libros e recursos literarios, converteuse nun punto de encontro para compartir recomendacións, descubrir novas lecturas e gozar da literatura máis aló das aulas.
luns, 2 de marzo de 2026
DÍA DA MULLER: MULLERES PIONEIRAS: AGATHA CHRISTIE
Cada 8 de
marzo celebramos o Día Internacional da Muller, unha data para
recoñecer a contribución das mulleres á sociedade, á cultura, á
ciencia e ao coñecemento. Este ano, desde a nosa biblioteca queremos
render homenaxe a Agatha Christie coincidindo co 50 aniversario da
súa morte, unha das escritoras máis influentes da historia da
literatura.
Nada en 1890 en Torquay (Inglaterra), Agatha Christie
converteuse na autora de novela policial máis lida do mundo. As súas
obras foron traducidas a máis de cen idiomas e continúan fascinando
a lectores e lectoras de todas as idades.
Na Biblioleiras fixemos
unha exposición informacional para dar visibilidade a esta muller
pioneira.

luns, 19 de xaneiro de 2026
luns, 12 de xaneiro de 2026
ANO OTERIANO
O Parlamento de Galicia aprobou declarar o 2026 como Ano Oteriano, coincidindo co cincuenta aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo (1888– 1976).
Coñecido como o «Patriarca das Letras Galegas», no texto da declaración
defínese como unha “figura esencial das letras, do pensamento e da
identidade galega contemporánea” e como “un dos piares do florecemento
cultural e intelectual de Galicia, representante dunha xeración que
soubo vincular o galeguismo coa defensa da cultura universal e co
compromiso coa nosa terra”.
Na biblioteca queremos fomentar o coñecemento da súa vida e obra expoñendo información e os fondos que temos sobre este recoñecido autor.

.png)
.png)