Begoña Caamaño (1964-2014)
Xornalista, escritora e activista feminista que loitou pola igualdade e a cultura galega. Defendeu
os dereitos sociais nos medios da comunicación como a Radio Galega , na que traballou varios
anos, ou nos movementos feministas, antimilitaristas e culturais ós que perteneceu.
Publicou as novelas Circe ou o pracer do azul e Morgana de Esmelle, nas que fai unha bela interpretación feminista dos mitos clásicos.
En 2026, a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas, recoñecendo a súa imprescindible aportación ao mundo literario e á defensa dos dereitos humanos.



