martes, 3 de marzo de 2020

Día de Rosalía na BiblioLeiras


Resultado de imagen de rosalia de castro



#ErrantesPoloMundo_rdc_20

 O alumnado de 2º de ESO A, coordinados pola súa profesora Juncal, homenaxeou a nosa poeta máis universal lendo o manifesto Errantes polo mundo e participando na actividade proposta pola AELG para ese día. Fixeron un traballo fantástico que poderedes ver exposto no corredor do centro. Antes, na biblioteca realizaron unha presentación ante o alumnado de 1ºBAC das fotografías que escolleron para plasmar versos de Rosalía e observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, presentes na obra de Rosalía de Castro.
  O resultado foi espectacular👏👏👏👏 como podedes ver nas imaxes.




 
                                                                                                                                                            ...


presentación das fotografías que escolleron para plasmar a  triste vixencia dos versos  de Rosalía 


































... traballo previo


...



Parabéns ó alumnado de 2º de ESO porque grazas ó voso traballo Rosalía é cada día máis nosa.







xoves, 13 de febreiro de 2020

Animais de biblioteca na BiblioLeiras


 

 

ANIMAIS DE BIBLIOTECA na BiblioLeiras:

 Animais na literatura e o cine


A Biblioleiras acolle unha exposición dedicada a libros e películas protagonizados ou nos que teñen unha especial presenza todo tipo de animais:
 Baloo, Moby Dick, Quirico, Rocinante, Milú, Platero, Hedwig, Lu e Go, Richard Parker, Napoleón, Colmillo Blanco, Simba...
 









   



 Unha visita á exposición moi ANIMA-da ...!









sábado, 1 de febreiro de 2020

Manuel Núñez Singala na BiblioLeiras


A BiblioLeiras quixo adicar unha exposición á obra do escritor lucense Manuel Núñez Singala aproveitando a sua visita, organizada polo Departamento de lingua galega.
O autor tivo un encontro na Biblioteca do centro cos membros do Club de Lectura, que estiveron lendo "Menú de enganos".

 




 

O Leiras en racha!

... E SEGUE A RACHA !!!

 A alumna Rosalía Bernárdez Riopedre, de 2º de ESO foi a gañadora do 1º premio do XXV Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo.



 O alumno Iván Dono Doñé (4º ESO),  acadou unha beca da Fundación Amancio Ortega para cursar 1º de BAC nos EEUU o vindeiro curso


sábado, 18 de xaneiro de 2020

O LEIRAS EN RACHA  






Concurso de Poesía de Nadal 



Catro premiadas e un alumno premiado na fase local do Concurso de Poesía de Nadal que organiza cada ano a Biblioteca Municipal de Lugo.
Velaquí a os nosos premiados :

CATEGORÍA 12-16 ANOS🏆

1º Premio: Daniela Vicente Taboada, "Confusión no Nadal"

2º Premio: Mencía Prada Iglesias, "Ilusión"

Mencións especiais:📜

Uxío Pita Bruzos, "O Nadal e os Reis"

Natalia López López, "Chega xa o Nadal"

Rita López García, "O Nadal"



Concurso IX Lucus Intercentros 2020

 Alicia Illán, María Lamas e Jorge Estraviz que deixaron ao Leiras nun magnífico 2º posto na clasificación no concurso Intercentros