
#ErrantesPoloMundo_rdc_20
O alumnado de 2º de ESO A, coordinados pola súa profesora Juncal, homenaxeou a nosa poeta máis universal lendo o manifesto Errantes polo mundo e participando na actividade proposta pola AELG para ese día. Fixeron un traballo fantástico que poderedes ver exposto no corredor do centro. Antes, na biblioteca realizaron unha presentación ante o alumnado de 1ºBAC das fotografías que escolleron para plasmar versos de Rosalía e observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, presentes na obra de Rosalía de Castro.
O resultado foi espectacular👏👏👏👏 como podedes ver nas imaxes.
...
presentación das fotografías que escolleron para plasmar a triste vixencia dos versos de Rosalía
... traballo previo
...
Parabéns ó alumnado de 2º de ESO porque grazas ó voso traballo Rosalía é cada día máis nosa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario