Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción
O cambio climático é un dos problemas máis graves aos que se enfronta a Humanidade. Actualmente outras dificultades como a crise económica silencian nos medios de comunicación esta cuestión transcendental. Por estas e outras razóns, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía xestionou unha exposición de dezaoito paneis, cedidos por CEIDA, nos que se explica cientificamente que é o cambio climático así como as súas consecuencias mundiais e o seu impacto en España e Galicia. Finalmente expúñanse posibles solucións como os tratados internacionais (Protocolo de Kioto) e as achegas de tipo individual.
A exposición estivo no corredor central do centro durante a primeira quincena de febreiro. Foi visitada polo alumnado que cursa algunha materia do Departamento e tamén polos nenos e nenas de 6º de Primaria do Colexio de Casás. Consideramos que espertou o interese dos visitantes, razón pola cal valoramos moi positivamente esta actividade.![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi5_ETHZctXeFvDjQoNo-8VBL2dn3ZtXbnI97AaY1LYSmziwTkPiJO7hPteRVwDORa8AO0qKrCyeJ753YIVAWf2rUiP62K4H93gx9cJIGlB8UDoUcu-iCn68JbNqhRc5IkXGIam4w3yVZY/s400/DSC04001.JPG)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi3lEn7PIK_fntezqhHpG85eXGPdHTrRuuaeNy881Gdg65T9h8lrImdnKnhIvWwTHYgx3MJ1Dvqacyff1J6ch4uvhARbqC3b3w-PTKJTAnKnDAEKGh3VHMX_7XAv8ZFA1HYFafXxPN361A/s400/DSC04009.JPG)
Ningún comentario:
Publicar un comentario