Na semana do 11 ó 15 de abril, o departamento de Física e Química realizou unhas actividades para conmemorar o Ano Internacional da Química 2011 no noso instituto. Celébrase este ano, xa que se cumpre un século da concesión do Premio Nobel de Química a María Slodowska Curie, científica polaca coñecida polos seus descubrimentos sobre a radiactividade.
Entre as actividades desenvolvidas cabe destacar a realización de experimentos de Química recreativa para alumnos de 1º e 2º da ESO do centro, a cargo dos profesores do departamento Marina García e José Manuel Traseira. As actividades realizáronse no Salón de Actos do centro e fixéronse 4 experiencias sobre reaccións químicas espectaculares que cautivaron ós alumnos.
Asemade, leváronse a cabo por parte do alumnado varias presentacións e exposicións de diferentes partes da Historia da Química: os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC elaboraron uns fantásticos traballos que expuxeron no Salón de Actos, apoiados por unhas presentacións en Powerpoint. Os iremos presentando en entradas posteriores neste blog.
Realizouse tamén a proxección dun vídeo sobre a importancia da Química na sociedade actual.
Deseñouse un cartel conmemorativo do Ano Internacional da Química, por parte do alumno artista de 3º ESO Jordi Capellades:
(Jordi Capellades posa co cartel que realizou para o evento)
Finalmente, unha reflexión: lembrade que todos nós somos fillos da Química.
Ningún comentario:
Publicar un comentario