PENSAMENTO FEMININO
Neste ano 2026, o 19 de novembro temos cita coa Filosofía, esa amiga do saber que como materia de bacharelato, intenta que os rapaces e rapazas non esquezan a importancia do pensamento crítico, tan necesario nun mundo moi conectado en canto a redes sociais pero tamén moi desconectado no que repecta a cuestionar, analizar e razonar antes de aceptar unha idea como verdadeira.
Non se trata só de estudar autores ou teorías, senón de adquirir a capacidade de facerse preguntas, dubidar, reflexionar e comprender mellor o mundo que nos rodea.
Mais falar de Filosofía tamén implica recuperar e reivindicar a voz de tantas mulleres pensadoras que ao longo da historia quedaron silenciadas ou relegadas a un segundo plano. Desde Hipatia de Alexandría ata filósofas como Hannah Arendt ou Simone de Beauvoir, as mulleres contribuíron de maneira decisiva á reflexión filosófica, abrindo camiños cara á igualdade, á liberdade e á defensa do pensamento crítico.
A exposición na biblioteca dos traballos das alumnas e alumnos de 1º de bacharelato sobre filósofas do pasado e do presente, reflexa a importancia da súa contribución xa que recoñecer o seu legado é tamén educar nunha visión máis xusta e completa da Historia do Pensamento.
Expuxemos os libros da maleta viaxeira de Filosofía que temos este mes na Biblioleiras, que ten exemplares para todas as idades e intereses.


