venres, 10 de xuño de 2022

Obradoiro de cómics (1) para o alumnado de 6º do CEIP Menéndez Pelayo

No día de hoxe o noso centro recibiu, nunha xornada de portas abertas, ao alumnado de 6º curso de primaria do CEIP Menéndez Pelayo, que estivo sempre acompañado polo noso alumnado mediador, que actuou como anfitrión, amosándolles aos seus futuros compañeiros as instalacións do instituto e participando con eles en diferentes actividades.

Unha desas actividades foi na Biblioteca: un obradoiro de banda deseñada impartida polo noso benquerido exprofesor Suso Coucheiro, especialista neste tema e marabilloso debuxante, que lles aprendeu algúns dos segredos e técnicas para facer cómics. 

  

 

 

 

  Mira que aplicadas!

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 








 

 

 

 

 

 

 

 

Eles tampouco o fan nada mal!

Suso Coucheiro






Moitas grazas por vir, 
esperámosvos o curso que vén!

Ningún comentario:

Publicar un comentario