sábado, 30 de maio de 2015

Despedida do CLUB DE LECTURA

Está rematando o curso e o club  LECTURAS LEIRANTES  tivo a súa despedida.

          Lembremos que este ano lemos catro libros, polo que superamos as espectativas previstas de reunirnos unha vez por trimestre. Foron varias tardes de encontros, postas en común e intercambio de opinións sobre as lecturas propostas. Ademais, tamén hai que contar os moitos recreos que lle adicamos a facer pequenas reunións para repartir os libros, acordar datas de reunión...

 



          A primeira reunión foi o 24 de outubro, para constituír o club e que os leirantes veteranos apadriñasen aos novos lectores.






          A rateira de Agatha Christie foi a primeira obra proposta, sobre a que charlamos o 27 de novembro. Foi divertido tratar de averiguar quen era o asasino. E ata houbo premio para quen o adiviñou.

               O 29 de xaneiro falamos do segundo libro: O curioso incidente do can a medianoite de Mark Haddon. Unha visión sorprendente do mundo a través dun protagonista moi especial.

           En marzo, reunímonos o día 27 para falar de Engurras de Paco Roca, un relato gráfico que nos emocionou a todos. 

 
  
                  Finalmente, o día 7 de maio, falamos de La lección de August de R.J. Palacio, cun personaxe principal que nos demostrou que o aspecto externo das persoas non é o importante.

Nesta última ocasión, a sesión incluíu un chocolate con churros.


       
         
   Ademais, como fin de festa, o día 14 de maio fomos todos á Deputación a ver a versión teatral que Cándido Pazó representou da obra Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.

    




 Moitas grazas 
a todas e a todos,
e ata o curso que vén!


xoves, 7 de maio de 2015

DAVID PINTOR visita o Leiras



     O pasado xoves, 30 de abril, recibimos a visita do artista 

David Pintor

(de Pinto & Chinto)

Este debuxante, ilustrador, caricaturista, humorista gráfico, pintor…, multipremiado e que ten máis de 50 obras publicadas, ofreceu unha amena e interesante charla para os nosos alumnos de 3ºeso e 4ºpdc. 

Velaquí tedes unha mostra do evento:


venres, 24 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO, 23 de abril



Os alumnos do Club de Lectura e algúns profesores fixeron unha lectura de textos de Eduardo Galeano. Deste xeito, rendémoslle homenaxe a este autor, recentemente falecido. 



Ademais, como todos os anos, expuxéronse nos paneis do corredor central, todos os  traballos presentados por alumnos e alumnas de diferentes cursos.





Por último,
debemos mencionar que o escritor galardonado co Premio Cervantes das Letras 2015 foi Juan Goytisolo.



 A continuación, podedes ver as reportaxes fotográficas completas:

1) Lectura- homenaxe a Galeano:



2) Traballos do Día do Libro: 

mércores, 22 de abril de 2015

Saúdos para Biblioleiras


No IES Leiras Pulpeiro temos a sorte de coñecer a autores e autoras moi representativos da nosa literatura. Moitos deles deixáronnos as súas mensaxes escritas ou faladas para toda a comunidade educativa.

Inauguramos unha nova páxina fixa no blog, chamada "Falan para nós", á que podedes acceder dende a ligazón do menú superior.

Libros dedicados polas súas autoras e autores:

Os autores falan ao IES Leiras Pulpeiro:


Xosé Neira Vilas (abril 2015)


Manuel Rivas (abril 2015)


David Pintor (abril 2015)


Luis Davila (abril 2015)

E dedícannos os seus libros en vivo e en directo:


O humorista gráfico Luis Davila dedícanos "O Bichero" para Biblioleiras
Abril 2015




O ilustrador David Pintor debuxa unhas dedicatorias para Biblioleiras
Abril 2015


martes, 7 de abril de 2015

TEATRO na Biblioteca do LEIRAS PULPEIRO




Día Mundial
do
 Teatro
O 27 de marzo celebramos este día cunha representación teatral da obra                    Así foi, doutor de Suso de Toro para o alumnado de 3º e 4º.
Participaron os seguintes alumnos de 4º de ESO:
- Presentación: Camila Beltrán
- Dirección: Samuel Marte
- Reparto: Alberto Marte e Borja Lamela
Representación no Día Mundial do Teatro 2015 on PhotoPeach
Para ver o vídeo da gravación, visita É un falar.

mércores, 25 de marzo de 2015

EXPOSICIÓN de LIBROS DEDICADOS polos seus AUTORES


PÁSATE POLA BIBLIOTECA PARA VER  
A NOSA EXPOSICIÓN


de 
LIBROS 
DEDICADOS 
e 
ASINADOS


  polos 
AUTORES/AS 
que 
VISITARON 
 

 
  o 
NOSO CENTRO:


Agustín Fernández Paz, Antonio Reigosa,  Anxo Fariña, Blanca Álvarez, Darío Xohán Cabana, Fernando Lalana, Fran Alonso, Joan Manuel Gisbert,  María Reimóndez, Marina Mayoral, Marica Campo, Paco Martín,  Xesús Alonso Montero...
 E temos unha sección especial adicada a Xosé Neira Vilas

Velaquí tedes unha mostra máis completa da exposición:
 Exposición de libros dedicados polas súas autoras e autores on PhotoPeach

luns, 16 de marzo de 2015

1º PREMIO do CONCURSO "Febreiro, mes do amor"




A alumna gañadora do concurso, 
cun total de 14  respostas correctas, foi

 Laura Gómez Trinidad 

(4º eso B)


Noraboa!!