O Leiras Pulpeiro non podía deixar pasar este curso sen renderlle unha merecidísima homenaxe a un dos máis grandes e queridos escritores lucenses: Darío Xohán Cabana.
Este autor, nado en Roás e que nos deixou recentemente, creador dunha ampla obra poética, narrativa, ensaística, de tradución..., sentímolo xa como da familia porque moitas das súas obras forman parte das nosas lecturas favoritas. O alumnado do Leiras mesmo tivo a sorte de coñecelo en persoa cando, hai uns anos, nos visitou para presentarnos o Galván en Saor.
A Biblioleiras dedícalle unha exposición cunha mostra da súa vasta obra:
Ademais, proxectamos un pequeno vídeo no que nos fala dos seus referentes literarios:
E ao longo da semana o alumnado de 4º ESO e o equipo da biblioteca participaron con emoción na lectura de poemas e fragmentos da súa obra narrativa.
Moitas grazas a Belén Martín polas magníficas fotos (aquí só hai unha pequena mostra) e polo vídeo-resume que podedes ver ao final:
Grazas DARÍO. Sempre DARÍO
Ningún comentario:
Publicar un comentario