Rematamos o Plan Proxecta "DONAS DE SI"
O programa "Donas de si", baixo a coordinación da profesora Eva Teijeiro, tiña como obxectivo principal a visibilización e
posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas
fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega
contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social,
artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que
presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.
A actividade foi co que se integra no Plan Proxecta e que se desenvolveu entre outubro e maio baixo o nome "PERSONAXE DA SEMANA", consistiu en descubrir o nome dunha persoa destacada nalgún ámbito da cultura a partir das pistas que se ían facilitando sobre ela ao longo de cada semana.
Podíase participar individualmente ou por equipos. En conserxería había modelos para cubrir coa información correspondente e tamén alí estivo depositada a caixa de recollida semanal. O obxectivo era identificar o maior número posible de personaxes.
A alumna que máis personaxes identificou e, polo tanto, gañadora do concurso foi: Patricia Barreiro de 2º BAC.
He aquí un recopilatorio de todos os personaxes, fundamentalmente femininos, que tiñan que descubrir semana a semana: escritoras, matemáticas, activistas, eruditas, deportistas, investigadoras, artistas, mariñeiras, cantantes, científicas, educadoras, debuxantes, actrices, relixiosas, informáticas, oceanógrafas, coidadoras, cosmonautas, aviadoras, musicólogas, periodistas... E, por suposto, todas e todos son feministas.
 |
Concepción Arenal (escritora...) |
 |
María Wonenburger (matemática...) |
 |
Rosa Parks (activista) |
 |
Frei Benito Feijoo (erudito...) |
 |
Kathrine Switzer (deportista...) |
 |
Jane Goodall (antropóloga...) |
 |
Camille Claudel (escultora) |
 |
Isabel de Barreto (navegante) |
 |
Billie Holiday (cantante) |
 |
Maitena Burundarena (ilustradora...) |
 |
Antía Cal (educadora...) |
 |
Malala (activista e Premio Nobel) |
 |
Emma Watson (actriz...) |
 |
Antonio Fraguas, Forges (debuxante...) |
|
 |
Teresa de Calcuta (relixiosa...)
|
 |
Ada Lovelace (informática...) |
 |
Margarita Salas (científica)
|
 |
Premios "María Wonenburger" de 2007 a 2018: Inmaculada Paz, Teresa Miraz, Soledad Soengas, Carmen Navarro, Ofelia Rey, M.Tarsy Carballas, Mª José Alonso, Carmen García, Isabel Aguirre, Peregrina Quintela, Begoña Vila, Alicia Estévez (científicas) | | | | |
|
|
|
|
|
|
 |
María Casares (actriz) |
|
|
|
|
 |
Ángela Ruiz Robles (educadora...) |
 |
Emilia Pardo Bazán (escritora) |
 |
Ángeles Vilariño (oceanógrafa) |
 |
Valentina Tereshkova (astronauta) |
 |
Amelia Earhart (aviadora) |
 |
Chus Lago (alpinista) |
 |
Dorothé Schubarth (musicóloga) |
 |
Philippa York (ciclista...) |
 |
Isabel Zendal (enfermeira...) |
Grazas a todos os participantes!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario