mércores, 22 de setembro de 2021

BENVIDO OUTONO! BENVIDOS E BENVIDAS Á BIBLIOLEIRAS!

 

BENVIDOS E BENVIDAS Á
 
 BiblioLeiras,
 
a vosa biblioteca do
 IES LEIRAS PULPEIRO
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as
 bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022
O lema elixido, 
 A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA,
 quere poñer o foco na palabra e a oralidade. 
 

A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero.
 
As  bibliotecas escolares
 tamén  son
 espazos sociais de encontro 
 que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura… Estas propostas son
 oportunidade para que o alumnado
 "tome a palabra"
  e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia. 
As bibliotecas escolares acolleron a nova oralidade , que promove a comunicación a través dos medios. Programas como Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Biblioteca Inclusiva, abriron as portas a unha oralidade máis formal en forma de podcasts, audiolibros, espazos de coloquio e expresión, facilitando recursos e oportunidades para a adquisición de habilidades e competencias comunicativas de amplo espectro, pois en tempos de comunicación dixital fanse imprescindibles estas competencias básicas:
unha expresión oral rica e coidada e unha interpretación o máis axustada posible dos textos orais dispoñibles. 
 
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para
 a recuperación da tradición oral
 como unha forma de achegar o alumnado
 ás raíces da cultura na que medra,
 facilitándolle así as claves para
 acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade.
 
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario