Este ano, para conmemorar o Día do Libro, temos unha interesante exposición con libros dos nosos fondos: obras, autoras e autores premiados en diferentes certames:
temos premios Nobel, premios da Cultura Galega das Letras, premios Cervantes, premios Xerais, premios Pulitzer, premios Nacionales de Cómic, premios Nacionales de Poesía...
Propoñémosvos un reto: sodes quen de descubrir que autoras e autores se corresponden coas caricaturas do cartel?
Na biblioteca tedes unha caixiña para que introduzades un folio cos voso nome e curso xunto coas respostas: nome do autor/a correspondente ao número de cada caricatura.
Aquí tedes unha escolma:
Premios Nobel
Premios da
Cultura Galega
das Letras
Premios Cervantes
Premios Xerais
Premio Pulitzer
Premios Nacionales de Cómic
... e moitos máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario