MES DO MEDO NA BIBLIOLEIRAS
Clásicos do terror da literatura universal en lingua galega
Tres alumnas de 1º de Bacharelato, realizaron unhas lecturas en lingua galega de clásicos do xénero de terror da literatura universal: O Horla e A morta de Guy de Maupassant e O gato negro de Edgar Allan Poe. Temos que salientar o mérito e a boa disposición de Zoe, unha alumna alemá que está de intercambio este curso, e de Sharon, colombiana, que tamén se atreveu a ler en galego levando apenas un mes vivindo en Lugo. Non nos esquezamos de Carmen, a galega do grupo, que o fixo estupendamente. Bravo polas tres!
É un falar(Blog do EDL do IES Leiras Pulpeiro (Lugo))
Ningún comentario:
Publicar un comentario