martes, 10 de abril de 2018

Gañadoras do concurso de RAP (Día do Autismo)

 
O venres 6 de abril, un xurado formado por tres profesor@s e tres alumn@s fallou o resultado do concurso de RAP convocado para celebrar o Día do Autismo. Presentáronse 5 estupendos traballos e o máis votado foi o hip-hop presentado por dúas alumnas de 4º eso B:



 Lucía Raña e Iandra M. González
  
O azul é a alegría
como a vida dun autista
e ti es un ignorante
non entendes ao falante.
Buscando a cor atopo a azul
como o ceo do verán que quita a dor.
O amarelo é bonito
coma unha flor
que reflicte a alegría dos autistas
con cada pétalo.
Buscando a cor atopo a amarela
que é tan bonita como aquela nena.
O vermello é paixón,
a mesma que encontramos
no seu corazón
e buscamos no seu interior.
Buscando a cor atopo a vermella
tan rechamante como extravagante.

Participantes no concurso:
Laura Chapel, Pablo Penela, Ana López e Lucía Rouco de 4ºB
Diego, Icía, Sabela, Saray, María, Henrique e Ari de 3ºB
Héctor Ulloa de 3ºA

Noraboa a tod@s e grazas por participar !

Ningún comentario:

Publicar un comentario