Co gallo do Día Contra a Violencia Machista, 25 de novembro, durante esta semana organizouse unha serie de actividades, tanto para o alumnado como para o resto da comunidade educativa.
Unha delas foi a desenvolvida o mércores 22 ás 19.30 na biblioteca do centro: presentación de As miñas fillas devolvéronme a vida a cargo da autora, Inés Fernández Lamela.
Este acto foi organizado pola ANPA, coa colaboración de Arsilia Díaz, profesora responsable da área de Igualdade.
Tras unha charla conmovedora, na que a autora expuxo a súa propia e terrible experiencia, os asistentes puideron facerlle unha serie de preguntas.
Non á violencia
contra as mulleres!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario