Conmemoramos o Día Internacional da Concienciación sobre o Autismo cunha serie de actividades moi interesantes:
- Exposición de libros sobre o autismo. Na nosa biblioteca podedes atopar tanto estudos como obras literarias relacionadas co tema. Moitos dos libros foron aportados pola profesora da aula de autismo, Teresa Llano, da súa biblioteca persoal.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhOqL0xZS5AXVX8eexA9wWu-YZj4iBGIzR0sIeN84NSftJzMltUTNntsRnzdLhufQ9enrZr65Kqb5yLrWItYb7Ln7haxIj9q3RhkVwWBW93Jnzg8q4szJVduo4GpWqPpJg5YewGy-XsZZI/s200/IMG_1411.JPG)
- Obradoiro de lazos solidarios que o alumnado e profesorado voluntario confeccionou nos recreos entre o día 27 e 30 de marzo.
- Reparto dos lazos para toda a comunidade educativa, o venres 31 de marzo, día no que, ademais, tod@s viñemos vestidos de azul como símbolo de solidariedade e conciencia sobre o autismo.
Moitas grazas a todas e a todos pola vosa colaboración, especialmente ás profesoras da aula de autismo, Teresa Llano e Lidia Ascariz, polo seu inestimable labor diario.
A continuación podedes ver a reportaxe fotográfica completa:
A continuación podedes ver a reportaxe fotográfica completa:
Una iniaciativa estupenda. Enhorabuena. Un gran trabajo.
ResponderEliminar