Escarlatina, a cociñeira
defunta está moi contenta porque a trouxemos do Inframundo ao club Lecturas Leirantes.
defunta está moi contenta porque a trouxemos do Inframundo ao club Lecturas Leirantes.
A tarde do xoves, 7 de abril, resultou arrepiante e divertidísima. Os lectores e lectoras puideron demostrar o dominio das aventuras de Román e a peculiar cociñeira respondendo as preguntas dun Rosco de Pasapalabra. Como os equipos obtiveron moi bos resultados, Escarlatina enviounos unha terrorífica merenda: pedras de chocolate, caveiras, ollos con arañeiras, Escalofríos...
Estamos desexando ler a segunda parte da obra de Ledicia Costas.
¡Que divertido pasar medo!
Botade unha ollada a reportaxe gráfica:
Botade unha ollada a reportaxe gráfica:
Na reunión que fixemos o outro día na biblioteca para falar do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta" fixemos un xogo coas preguntas deste. Despois de todo isto, Escarlatina preparounos un aperitivos moi ricos. A min estes libros non son os que máis me gustan pero este gustoume xa que o tema do inframundo tráeme moita intriga porque non se sabe moito sobre isto.
ResponderEliminarO libro Escarlatina gustoume moito aínda que non era moito do meu tipo, pero engaioloume ó principio e non puiden parar de lelo. Este libro é unha mestura de aventura e humor o que se fai querelo acabar de ler. A min o que máis me gustou foi a solidariedade dos personaxes. Recoméndoo a todos os lectores que lles guste este tipo de lectura.
ResponderEliminarO día 7-4-16 os membros do club de Lecturas Leirantes reunímonos na biblioteca escolar. Empezamos facendo uns grupos para logo xogar con un rosco de preguntas sobre o libro de Escarlatina, cada rosco tiña unhas preguntas diferentes para cada equipo. Ó final os equipos remataron moi empatados. Despois do divertido xogo demos as nosas propias opinións sobre o libro en cuestión. Máis tarde a famosa Escarlatina deixounos unhas lambetadas dende o mundo do alén e gustáronnos moito. E isto foi todo, xa vos contaremos o que pasou na próxima reunión.