sábado, 15 de novembro de 2014

Volve o "BIBLIOAMIGO"


   BIBLIOAMIGO


      Lembrades que o ano pasado propuxémosvos  “o recomendador invisible”?  A idea era que  lle propuxerades un libro,  para ler no Nadal, ao compañeiro que vos tocase en sorte. 

     Este ano repetimos experiencia, pero coa diferenza de que entrarán no “sorteo” aqueles profes e profas que manifesten o seu desexo de participar, recomendando e recibindo un libro a/dunha compañeira ou compañeiro (por suposto, secretos). 

     A tal fin, anotádevos na  lista que abriremos na sala de profes antes da ponte de decembro (día 5). Á volta da mesma, efectuarase o sorteo, e despois xa podedes coller emprestado o libro da Biblioteca do centro e deixarllo no casilleiro á persoa correspondente.

     Despois das vacacións de Nadal, cada un deixará no seu propio casilleiro o libro lido, e o seu “biblioamigo” secreto encargarase de recollelo e devolvelo na Biblioteca.

     Tamén podedes facer un comentario sobre a lectura proposta neste Blog.

Grazas e… boa lectura

1 comentario:

  1. Para a miña biblioamiga:

    Moitas grazas pola recomendación. Ler "A asasina" foi como volver ás miñas lecturas naturalistas da época de estudante de Filoloxía. Alexandros Papadiamandis está á altura de Zola, Pardo Bazán, Blasco Ibáñez... Todo un pracer.

    ResponderEliminar