mércores, 18 de decembro de 2013

Mafalda Soto visita o Leiras Pulpeiro

Mafalda Soto cooperante en Tanzania, traballa na campaña "Ponte na súa pel" da ONG Africa Directo que pretende mellorar a calidade de vida dos albinos. Ademais de informarnos do proxecto no que traballa, falounos das condicións de vida dos africanos, da súa cultura e organización social rompendo os tópicos  e  as falsas ideas que temos sobre este continente.
Mafalda transmitiunos a súa ilusión e compromiso. Non nos deixou indiferentes. Escoitándoa sentimos que con persoas coma ela o mundo é mellor. Parabéns para Mafalda

Mafalda Soto, cooperante en Tanzania, visita o Leiras Pulpeiro on PhotoPeach



3 comentarios:

  1. Mafalda Soto estudou farmacia e traballa nunha ONG chamada África Directo en Tanzania. Falounos de que en África hai moito contraste, hai cidades moi ricas e outros lugares nos que a xente vive con un euro ao día. Pareceume moi interesante e aprendín moito, porque agora valoro moito máis todas as cousas que teño e o afortunada que son de telas.

    ResponderEliminar
  2. Mafalda mostrounos tamén un vídeo que a min case me fixo chorar porque aparecía unha nena de 14 anos e estaba nunha cadeira de rodas e dicía que quería ser normal e axudar aos seus pais. A ONG África Directo ten un laboratorio no que se fabrica a crema que protexe os albinos do sol e hai un obradoiro onde cofeccionan sombreiros que os albinos necesitan para protexerse.

    ResponderEliminar
  3. Mafalda falounos de como axudan aos nenos discapacitados,de que as mulleres e as nenas teñen que percorrer moitos quilómetros para recoller auga,de que a educación primaria en Tanzania era gratuita pero que a Secundaria custaba uns 500 euros e a maioria da poboación non podia pagalo.

    ResponderEliminar