O
día 16 de outubro, botamos a andar un ano máis o noso Club de Lectura “Lecturas Leirantes” e os nosos ávidos lectores recomendáronnos algunhas
lecturas que queremos compartir con vós.
Diego
Ardura Fernández recomendounos:
“Unha familia feliz” de David Safier. Conta
a historia da familia Von Kieren na busca da felicidade persoal e familiar. Está
narrada en primeira persoa por cada un dos membros Von Kieren, pero será Emma,
a nai, quen nos presente á familia nas páxinas iniciais. No pasado foran unha
familia feliz, pero agora Emma é
consciente de que perderon algo que non
sabe identificar.
Para tratar de salvar o
negocio familiar, os Von Kieren acoden a unha festa disfrazados de monstros de
filmes clásicos. A velada será un desastre e rematará co maleficio dunha bruxa
que os condena a se converter nos personaxes dos que van disfrazados: unha
vampira, Frankenstein, a momia e o home lobo.
Convertidos en monstros
emprenderán unha viaxe en busca da bruxa que os levará por medio mundo. A súa
nova situación será unha oportunidade non só para romper a maleficio senón
tamén para atopar a felicidade e salvar á familia.
Ignacio
Arias Prado recomendounos:
“Charlie
e o gran ascensor de cristal” de Roald Dahl. O protagonista, Charlie,
emprende unha viaxe con Willy Wonka e a súa familia ao espazo exterior grazas
ao marabilloso ascensor de cristal, pero por causa dun erro técnico entran en
órbita, e unha vez alí atopan o primeiro
hotel espacial. Logo Wonka adminístralle catro gotas de Wonka-Vite aos avós
George e Josephine, que regresan á idade normal. Despois do incidente, Willy
Wonka recibe unha carta do presidente convidándoos á Casa Branca.
Aray Rodríguez recomendounos:
"Tras a pista do Yeti" de Gerónimo Stilton. Neste caso o protagonista é un rato, Gerónimo, moi pouco aventureiro e moi pouco viaxeiro, pero cando un amigo está en perigo non dubida en acudir na súa axuda, aínda que iso supoña unha viaxe ao corazón do Everest onde o doctor Amperio Voltio di ter atopado a pista doYeti. Unha vez alí e acompañado pola súa familia, Gerónimo vivirá moitas aventuras e incluso chegará a ver un mamut conxelado.
Como vedes foi unha xuntanza moi proveitosa
Ningún comentario:
Publicar un comentario