O 7 de xuño recibimos unha visita moi especial. Nenos e nenas de 5 aniños do Colexo de Casás acercáronse ata o noso centro para participar na actividade “Apadriña un lector”.
Uns días antes, 40 alumnos e alumnas de 1ª, 2º, 3º de ESO e 1º de BAC elixiron os contos que lles ían ler aos pequechos. Desde aquí queremos dar as grazas á Biblioteca Nodal por prestarnos todos os libros que se leron e polos suxestivos marcapáxinas cos que agasallamos aos pequenos e pequenas.
A iniciativa tiña como obxectivo fomentar o interese pola lectura e potenciar as relacións interpersonais. E sen dúbida lográmolo. De contado, o libro creou ese vínculo afectivo que pretendíamos. Os maiores prepararanse a conciencia e sorprenderon aos pequenos con debuxos, xogos malabares, monicreques, chuches, algún disfrace e moito entusiasmo.
E, como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixo algunhas fotos desta actividade que xa estamos desexando repetir.
Noraboa polo precioso traballo.
ResponderEliminarTedes un agasallo no noso blog.
Felices vacacións