Este mes conmemoramos o nacemento e mailo pasamento dun dos nosos autores máis grandes: Daniel Rodríguez Castelao.
Dedicámoslle na Biblioleiras unha exposición con debuxos e libros dos nosos fondos, que están á disposición de toda a comunidade educativa.
Podedes ver e gozar do seu xigantesco labor como narrador, debuxante, ensaísta..., así como libros doutros autores que estudaron a súa obra.
