
Na Biblioleiras non quixemos deixar pasar a ocasión de lembrar a traxedia do Prestige de hai 20 anos.
Dado que a memoria das persoas é fráxil e limitada, podemos atopar documentos, libros, revistas, fotografías, música... que axudan a lembrar o que non debe ser esquecido para que non se repita NUNCA MÁIS.
Os libros son a memoria:
Hai algúns anos, os suficientes para que moitos o
esqueceran, un barco cheo de petróleo navegaba
preto das nosas costas. Un barco como tantos otros dos que todos os días pasan
por aquí, cargados con substancias que tanto codiciamos para manter o noso
nivel de progreso, pero que ninguén querería ter a carón da súa casa polo risco
que supón.
O barco, chamado Prestige, ¿lembrades?, tivo un accidente e despois de
que as autoridades incompetentes o paseasen dun lado para outro por diferentes
puntos do Alántico, acabou escachando pola metade.
Verteu miles e miles de toneladas do cru que
levaba nas súas bodegas de cargae, aínda que non morreu ningunha persoa,
comezou a traxedia.
O mar tornouse negro en centos de quilómetros, e aquel
veleno foi causando cada vez máis vítimas inocentes: os
peixes, as plantas, as aves, as rochas, as illas, as praias, os pescadores…;
mesmo houbo quen morreu de tristura porque o mar era a súa alma, o seu amor.


Milleiros de persoas voluntarias de todo o mundo
chegaron para paliar os efectos da marea negra.



Hai vinte anos que sucedeu e, para que non
esquezamos esta e otras historias, os libros lémbrannos as datas, lugares, feitos e
protagonistas que, lamentablemente, tendemos a borrar da nosa memoria.