sábado, 10 de xuño de 2023

AMADRIÑA UN LECTOR / APADRIÑA UNHA LECTORA 2023

Non hai cousa que nos faga máis ilusión, chegado o mes de xuño, que recibir aos nenos de 6º infantil do CEIP Casás para celebrar o Amadriña un lector

O alumnado de 1º de BAC estaba impaciente, como cada ano desde 2011.

Este curso, a chuvia impediu que puidésemos realizar a actividade ao aire libre, no noso fermoso xardín dos contos; pero as ganas de celebrar esta xornada non diminuíron e reunímonos no ximnasio, no que houbo lecturas compartidas, xogos, sorteos, doces e moita diversión.

 Aquí tedes algunhas fotos, pero podedes ver unha reportaxe fotográfica máis completa no vídeo que tedes ao final desta entrada. Tamén podedes velo en YouTubeAmadriña un lector 2023 (Biblioleiras)





Agradecementos especiais: ó profesorado colaborador, tanto do noso centro como do Casás;  á Biblioteca Provincial (Nodal) pola escolla e préstamo dos libros para esta actividade; e a Belén de cafetería por prepararnos as chuches e as augas. 

Mil grazas a tod@s!



mércores, 10 de maio de 2023

Premios do concurso "QUERIDA TERRA:"

Foron sete os seleccionados que, coas súas marabillosas cartas,

 destacaron entre todas e todos os participantes do 

Concurso "Querida Terra:" que a Biblioleiras convocou para conmemorar 

o Día do Libro e o Día da Terra deste ano: 

participou alumnado de todos os cursos, déuselles agasallos aos finalistas e concedéronse dous premios: 

un na categoría de ESO e outro na categoría de BAC

 

Christina Guzmán: 1º premio ESO













 


Rosalía Bernárdez: 1º premio BAC

 

 

Finalistas:

Rubén Rumbo
 
Gabriel Valoría


  

Sofía Díaz
 

Iago García
 









 

 

e Paula Fernández (ausente)

 

Moitísimas grazas a tod@s por participar e parabéns aos premiados!!!



luns, 3 de abril de 2023

Día Mundial da Terra e Día Mundial do Libro (22 e 23 de abril): concurso e exposición

Concurso “Querida Terra:”

Para conmemorar o Día Mundial da Terra e o Día Mundial do Libro, escribe unha

carta destinada ó planeta Terra onde lle digas todo o que ti sintas e queiras contarlle.

Ø Non ha de ocupar máis dunha cara do folio e pode ir acompañada de imaxes.

 Ø O teu nome, apelidos e curso teñen que ir escritos por detrás.

Ø Entrégalla a algún profesor/a da Biblioteca antes do 21 de abril.

 

 Día da Terra  22 de abril    

                                        

 


Día do Libro  23 de abril

   





             

 

Tamén podes vir ver a nosa expo: