xoves, 15 de marzo de 2012

Mafalda cumpre 50 anos



Mafalda, a protagonista das tiras cómicas do mesmo nome, cumpre hoxe 50 anos. Quino debuxouna, por primeira vez, o 15 de marzo de 1962 como reclamo publicitario dunha marca de electrodomésticos. Pero non será até setembro de 1964 cando se publique a primeira tira nun semanario arxentino.
A nena dos grandes mofletes , resabida, curiosa, soñadora e inconformista, protagoniza historietas infestadas de alusións políticas. Xunto aos seus inesquecibles amigos (Manolito, Felipe, Miguelito, Susanita, Liberdade), Mafalda trata temas universais tales como os dereitos humanos, a paz mundial, a autodeterminación dos pobos, a educación, o feminismo, a ecoloxía... Temas serios tratados con humor.
Todas as viñetas están infestadas de frases para o recordo, que 50 anos despois seguen conmovéndonos.
Aquí déixovos dous exemplos:
MAFALDA: As túas ideas son moi loables, Felipe, pero un pouco inxenuas.
FELIPE: É inxenuo pretender que a xente aprecie máis a cultura que o diñeiro.
FELIPE: Non sería fermoso o mundo se as bibliotecas fosen máis importantes que os bancos?
MANOLITO: Non! Pedazo de extremista!

MIGUELITO: Estou só e aburrido. Podes vir á miña casa?
MAFALDA: Síntoo Miguelito, vou saír coa miña nai; pero non tes algún libro? Un libro é un bo amigo
MIGUELITO: Bo, a que queres que xoguemos?

1 comentario:

  1. Felicidades Mafalda e grazas por facilitarme o traballo en tantas ocasións cos teus agudos comentarios analizando esta crúa realidade que nos toca vivir unha e outra vez.
    Nati González

    ResponderEliminar