venres, 15 de novembro de 2019

Mes da Ciencia en Galego



Xa podedes disfrutar da exposición de libros en galego, escollidos entre os nosos fondos, relacionados con a bioloxía, a xeoloxía, as matemáticas, a física, a química, as ciencias do medio ambiente ... e textos literarios que teñen algún tipo de conexión con estas disciplinas.



Hai moitas novidades e moi atractivas!



















































luns, 11 de novembro de 2019

Mes da Ciencia en Galego






CONFERENCIA DO LUCENSE LUÍS LIZ MARZÁN: A Nanotecnoloxía no Ano Internacional da Táboa Periódica
O día 8 de novembro de 2019 os nosos alumnos/as asistiron á conferencia de Liz Marzán , no día da Ciencia en Galego, como un dos homenaxeados neste día falando sobre nanotecnoloxía. 





Breves Referencias da súa traxectoria profesional:
(Fonte:  http://www.igaciencia.eu)
Acadou por segunda vez o elitista Advanced Grant, 2018.  Cinco anos de investigación e máis de 2,4 millóns de euros para intentar descifrar algo máis sobre esta enfermidade "tan devastadora que todos sabemos, o cancro". https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/04/07/liz-marzan-primer-gallego-logra-segunda-vez-elitista-advanced-grant/0003_201804G7P30993.htm#

Premio Nacional de Química 2018, pola súa contribución aos campos da química coloidal, actividade que estudia os nanomateriais para a curación do cancro. https://www.eitb.eus/es/noticias/sociedad/videos/detalle/6041620/video-premio-nacional-quimica-luis-liz-marzan/
https://www.ciberisciii.es/noticias/luis-liz-marzan-nuevo-premio-nacional-de-investigacion

Premio Rey Jaime I á investigación Básica, 2015. http://www.fprj.es/es/investigacion-basica/luis-liz-marzan

Académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. http://www.rac.es/2/2_ficha.php?id=970&idN3=6&idN4=50

Director científico do CICbiomaGUNE, Centro de investigación cooperativa en biomateriais, de Donostia. http://personal.cicbiomagune.com/llizmarzan/Luis.html

Membro da Academia Europaea,  entidade dedicada á promoción das ciencias e as humanidades, foi elixido ademais doutros méritos mediante a proposta doutros académicos entre os que figuran máis de 40 premios Nobel.  https://www.ae-info.org/ae/Member/Liz-Marz%C3%A1n_Luis

 Recoñecemento como galego destacado incluído no portal Galegos http://galegos.galiciadigital.com/es/luis-manuel-liz-marzan
Poderiamos continuar e continuar…

A lista de honras e premios supera os 22 e o mesmo podemos dicir das súas numerosas publicacións, máis de 400, e das máis de 350 conferencias. Mesmo  é co-inventor de 8 patentes… Claro que un dos seus méritos é o de nacer en Lugo e… presumir diso.


luns, 4 de novembro de 2019

Mes da Ciencia en Galego



Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai oito anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.



Na BiblioLeiras estamos a preparar unha exposición cunha selección de materiais dos nosos fondos.



CONFERENCIA DE LUÍS LIZ MARZÁN: A Nanotecnoloxía no Ano Internacional da Táboa Periódica
O día 8 de novembro de 2019 os nosos alumnos/as asistiron á conferencia de Liz Marzán, no día da Ciencia en Galego, como un dos homenaxeados neste día falando sobre nanotecnoloxía.