martes, 21 de junio de 2016

"APADRIÑA UN LECTOR" 2016

 
 Como cada mes de xuño desde hai xa seis anos, estamos encantados de tender esta ponte entre o noso centro e o CEIP Casás. Os nenos e nenas de 5 anos do colexio viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas. 



O alumnado de 1º de BAC, xunto co do Club de lectura,  pasou unha mañá inesquecible en compaña dos seus afillados e afilladas: xuntos escoitaron "As tres porquiñas", os maiores léronlles contos aos pequenos no noso xardín máxico, fixéronse amigos, xogaron... e despedíronse ata o vindeiro ano.

Chegada ao xardín dos contos
Lecturas e confidencias
Xogos e diversión

















 

Moitas grazas á Biblioteca Nodal pola súa colaboración e a todos os participantes!


 
Queredes ver todas as fotos? 
 Pois premede no "play":

martes, 7 de junio de 2016

Alumnado do Club de Lectura participa no XIV Recital Poético

Rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO participaron no XIV Recital poético organizado polo EDL do Leiras Pulpeiro adicado na presente edición a Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016.

Neste enlace podedes ver a reportaxe gráfica completa





Diego Ardura recitou o poema  CARBALLOS 



Wanessa Soares recitou
 o poema GALICIA 










Pablo López Mourín recitou OLLOS DE NENOS





lunes, 6 de junio de 2016

O Club de Lectura viaxa a Padrón e a Santiago


Alumnado e profesoras  do Club de Lectura viaxaron a Padrón e a Santiago xunto con alumnos e alumnas do Equipo de Dinamización Lingüística

Roteiro rosaliano:

Visitamos a Casa Museo de Rosalía, lemos poemas, visitamos o cemiterio de Adina.

Rematamos o día facendo unha ofrenda floral a Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres e visitando o Museo do Pobo Galego.








miércoles, 4 de mayo de 2016

UXÍA e MAGÍN cantan no Leiras a MANUEL MARÍA

  
                                    O venres, 29 de abril, a cantante Uxía Senlle e o músico Magín Blanco estiveron no noso centro presentándonos as cancións do seu disco Canta o cuco, nas que lles poñen música aos poemas de Manuel María

 
 

 Con Magín como animador, a diversión estivo garantida.
 E coa marabillosa voz de Uxía, as palabras de Manuel María aínda soaban máis fermosas.
 






Foi unha xornada inesquecible, na que o alumnado de 1º de ESO disfrutou cantando e bailando con estes dous grandísimos artistas.  





A continuación podedes ver a reportaxe fotográfica completa do evento: 
UXÍA e MAGÍN cantan no Leiras a Manuel María         (29-04-2016) on PhotoPeach

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android 

miércoles, 27 de abril de 2016

LECTURAS CERVANTINAS na Biblioteca


O luns, 25 de abril,     para conmemorar o   
Día do Libro, alumnado e profesorado do Club de lectura procederon á lectura de varios textos de don Miguel de Cervantes como homenaxe a este autor no cuarto centenario do seu pasamento.






Queredes ver todas as fotos?             Aquí as tedes:




martes, 26 de abril de 2016

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea

Por fin puidemos reunirnos para comentar 

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea da autora Annabel Pitcher.

 @s lector@s sorprendeunos o tema abordado no libro, en aparencia moi sinxelo, pero ateigado de profundas reflexións e sentimentos,  que de maneira maxistral transmite a narradora. O personaxe que máis chamou a atención foi o do pai, moi incomprendido pol@s máis nov@s do Club de Lectura.

Unha lectura que emociona  e invita á reflexión.


sábado, 23 de abril de 2016

Exposición de traballos - DÍA do LIBRO (23 de abril)




Un ano máis, desde o Departamento de Lingua castelá e Literatura, convocouse a todo o alumnado para que presentase os seus carteis en conmemoración do Día do Libro.
 




 

E... menudo éxito! Houbo tantos que case non nos caben nos paneis do corredor. 

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!



A continuación tedes todas as fotos da exposición:



jueves, 14 de abril de 2016

Lecturas e teatro




Que comerá o Rei?

        Aproveitando  a presenza de  Cándido Pazó en Lugo, o 1 de abril, os rapaces e rapazas do Club de lectura asistimos á representación  dunha contada de historias e contos inspirados en textos e debuxos de Castelao.

  O acto tivo lugar na sala de exposicións da Deputación.

Resultou unha actividade moi agradable e emotiva.



martes, 12 de abril de 2016

Tarde de terror no Club de lectura (7 de abril de 2016)



Escarlatina, a cociñeira
defunta está moi contenta porque a trouxemos do Inframundo ao club     Lecturas Leirantes.
A tarde do xoves, 7 de abril, resultou arrepiante e divertidísima. Os lectores e lectoras puideron demostrar o dominio das aventuras de Román e a peculiar cociñeira  respondendo as preguntas dun             Rosco de Pasapalabra. Como os equipos obtiveron moi bos resultados, Escarlatina enviounos unha terrorífica merenda: pedras de chocolate, caveiras, ollos con arañeiras, Escalofríos...
Estamos desexando ler a segunda parte da obra de Ledicia Costas.


¡Que divertido pasar medo!

Botade unha ollada a reportaxe gráfica:


MANUEL RIVAS visita o Leiras Pulpeiro

  
 
O pasado 7 de abril, tivemos a honra de contar coa visita de MANUEL RIVAS


Este narrador, poeta, ensaísta, xornalista, ecoloxista, libertario, galeguista... agasallounos coa súa presenza e as súas palabras.
 Falou para o alumnado de BAC (e algúns outros cursos) nunha inesquecible charla sobre a vida e a morte, a historia e a guerra, o amor e a natureza, a ética e a literatura, o compromiso e a lingua, entre outros moitos temas de interese, nos que ía expoñendo as súas propias vivencias e sentimentos.


Respondeu ás preguntas do alumnado que con tanto interese o escoitara. E, finalmente, cunha infinita paciencia, asinou e dedicou, cun debuxo personalizado, un a un, todos os libros dos alumnos e profesores que lle levamos algún exemplar das súas obras.
 

 

Moitas grazas, Manuel.
 Foi un pracer.

Podedes ver a reportaxe fotográfica completa do evento neste enlace da Web do IES Leiras Pulpeiro.
Pero tamén tedes a continuación un resumo da mesma: