luns, 24 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS, 24 de outubro


Ven celebrar hoxe durante o recreo o Día das Bibliotecas con nós: visítanos e trae ou devolve un libro en préstamo e recibirás un agasallo



Ao final da xornada, faremos un sorteo entre todos os usuarios que nos viñesen visitar hoxe. Mañá daremos a coñecer o nome do gañador ou gañadora. 

 

venres, 7 de outubro de 2022

100 anos de María Casares (exposición-homenaxe)

 

Como non podía ser doutra maneira, a primeira exposicón deste curso está dedicada á enorme actriz galega 

María Casares

 

 

Nacida en A Coruña hai cen anos, viviu desde a adolescencia en Francia, onde chegou a ser unha das actrices máis recoñecidas e admiradas dos escenarios e do cinema francés. 

 

Republicana e exiliada, nunca deixou de sentirse galega, mantendo a esencia das súas raíces. Foi esquecida no seu propio país durante demasiado tempo e xa era hora de que se lle dese o recoñecemento e valor que, sen dúbida, tivo na cultura do século XX. Gracias á labor de especialistas na súa vida e obra, como a catedrática María Lopo, hoxe sabemos moito máis sobre ela.

Este ano, por fin, foi declarado Ano de María Casares e honrouse a súa memoria e legado en multitude de actos, exposicións, publicacións, proxeccións...

 

 

  

 

 

 

 

 

  


Velaquí a nosa pequena contribución na Biblioleiras :

Conmemoramos o centenario do seu nacemento cunha exposicón de libros, carteis, fotografías... sobre e desta grandísima muller.