Amosando publicacións coa etiqueta Lecturas Leirantes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lecturas Leirantes. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de maio de 2019

Microrrelatos do Club de Lectura Senior (4)


Última entrega deste curso, dos microrrelatos dos lectores leirantes adultos
As palabras marcadas en letra grosa son as que, escollidas ao azar, tiñamos que introducir en cada relato. 



Se non o fixeches xa, tedes a oportunidade de ler os relatos antigos, xunto coas recentes incorporacións: 
o caderno segue medrando!!



mércores, 6 de febreiro de 2019

MICRORRELATOS DO CLUB DE LECTURA SENIOR (3)


No ano que comeza, xa celebramos outra reunión do club de lectura senior.
 
Aquí tedes unha nova entrega dos microrrelatos dos lectores leirantes adultos. Lembrade que as palabras subliñadas son as que, escollidas ao azar, tiñamos que introducir na historia. 

O caderno segue medrando e, se non o fixeches xa, podes ler os relatos antigos, xunto coas recentes incorporacións:



luns, 17 de decembro de 2018

MICRORRELATOS DO CLUB DE LECTURA SENIOR (2)

    
     Un ano máis, os lectores leirantes adultos, ademais de compartir lecturas, atrevémonos coa escritura: o novo reto era, esta vez, introducir as cinco palabras propostas e que aparecen subliñadas nos relatos, de forma que non pasaran de 200 en total. 


Neste caderno engadimos, ós que xa tiñamos, os microrrelatos novos:




martes, 19 de xuño de 2018

APADRIÑA UN LECTOR 2018

 
Que alegría volver recibir aos nenos e nenas de últimos curso de Infantil (5 anos) do CEIP Casás!
Os padriños e madriñas, alumnado de 1º de BAC e do Club de Lectura, estaban ansiosos por que chegara este día e encontrarse cos seus afillados e afilladas.



Este ano, o tempo atmosférico impediu que puideramos celebralo no noso Xardín dos Contos porque estaba a herba mollada, pero como non choveu, pasámolo estupendamente no Patio dos Contos.

Outro día de encontros, de estreitar lazos, de lecturas compartidas, de xogos e confidencias, de emocións e carreiras, de sorteos e sorpresas e, finalmente, despedida con chuches para os nosos convidados.
 

En nome de todo o equipo da Biblioleiras, quero darvos as GRAZAS: moitas grazas á dirección e profesorado do Casás, moitas grazas á Biblioteca Nodal pola súa incondicional e impagable colaboración, moitas grazas a Alfonso da cafetería, moitas grazas aos profes que actuaron de fotógrafos (Susana e Suso)... E, por suposto, moitas grazas ao noso alumnado que con entusiasmo  fai posible cada curso a celebración deste marabilloso evento.

                                                                                       Ana Dopazo




Queredes ver todas as fotos? Pois premede no play da seguinte fotomontaxe: 
                                               




luns, 22 de xaneiro de 2018

MICRORRELATOS DO CLUB DE LECTURA SENIOR

 
Os lectores leirantes adultos, ademais de compartir lecturas, atrevémonos coa escritura
o reto era facer un microrrelato utilizando cinco palabras sacadas ao azar dunha urna na que previamente se introduciran moitas.

 

As palabras extraídas foron: xílgaro, princesa, nacer, cancioneiro e amistade.



     Neste caderno iremos publicando os microrrelatos de cada membro do noso club de lectura senior:






mércores, 21 de xuño de 2017

XUNTANZA CLUBS DE LECTURA 2017

Chegada ao Palacio de Congresos e Exposicións

Para finalizar o curso 2016-17, os lectores leirantes acudiron con Suso Coucheiro á Xuntanza de clubs de lectura que se celebrou o pasado 17 de xuño en Santiago de Compostela.

Quedadas entre clubs




Nun día calorosísimo, coñeceron outros clubes, compartiron experiencias e asistiron a charlas sobre a lectura... Tamén puideron presenciar a entrega do Premio dos Clubs de lectura a Miguelanxo Prado.





   Miguelanxo Prado:
premio dos Clubes 2017




A continuación podedes ver a reportaxe fotográfica completa (premede no play):
XUNTANZA DE           CLUBS DE LECTURA  -  Lecturas leirantes en Santiago (17-06-2017) on PhotoPeach

mércores, 28 de decembro de 2016

CLUB de LECTURA: reunións e visita de Manuel Núñez Singala

Os lectores leirantes con Manuel Núñez Singala




Para pechar o 1º trimestre, o club de lectura, entre os días 7 e 20 de decembro, desenvolveu unha serie de activides moi interesantes e entretidas:







  • Reunión dos lectores leirantes de 1º e 2º de ESO para intercambiar opinións sobre a lectura proposta: O achado do castro, unha tola e divertidísima obra teatral de Manuel Núñez Singala.
1º e 2º ESO

















  • Reunión dos lectores leirantes de 3º e 4º de ESO para falar de Aya de Yopougon, a exitosa novela gráfica de Marguerite Abouet.
3º e 4º ESO


  • 1ª reunión do club senior para comentar as impactantes historias do libro Nómades de Xosé Tomás, así como para intercambiar recomendacións lectoras para as próximas vacacións de nadal.
Benvid@s as novas incorporacións
  


  • Como broche de ouro e aproveitando a visita do escritor Manuel Núñez Singala (que acudiu o día 20 ao noso centro invitado polo Departamento de Galego para dar unha charla aos rapaces de 3º de ESO e 1º de BAC), todos os rapaces e rapazas do Club de lectura tiveron a oportunidade de coñecer e fotografrase co autor. Estámoslle moi agradecidos pola súa amabilidade e paciencia na firma de libros para o alumndo e mesmo para a nosa biblioteca. Máis información na lapela superior É un falar ou neste enlace do EDLG.


martes, 25 de outubro de 2016

1ª reunión do Club de Lectura (curso 2016-17)

 

 
    Hoxe reuniuse por 1ª vez o club de Lecturas Leirantes para constituírse, dar a benvida aos novos integrantes e saudar aos veteranos. 

 





     Con Suso Coucheiro como mestre de cerimonias e como "chef", xa que nos convidou a un delicioso biscoito caseiro, repartíronse os libros para a primeira lectura do ano.

 


 
     
        O alumnado de 1º e 2º de ESO lerá O achado do Castro  de  Manuel Núñez Singala  e  o de 3º e 4ª  lerá  Aya de Yopougon de Marguerite Abouet.







   
 Ata a próxima reunión
 e feliz lectura a tod@s!!

venres, 21 de outubro de 2016

Reunión inaugural do Club de Lectura - curso 2016/2017



En calquera sitio,
en calquera posición,
en calquera circunstancia,
sexas medio araña ou non,…
Sempre podes gozar coa lectura!


REUNIÓN INAUGURAL DO CLUB DE LECTURA
“LECTURAS LEIRANTES”
MARTES, 25 DE OUTUBRO Á HORA DO PATIO
NA BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO