sábado, 10 de xuño de 2023

AMADRIÑA UN LECTOR / APADRIÑA UNHA LECTORA 2023

Non hai cousa que nos faga máis ilusión, chegado o mes de xuño, que recibir aos nenos de 6º infantil do CEIP Casás para celebrar o Amadriña un lector

O alumnado de 1º de BAC estaba impaciente, como cada ano desde 2011.

Este curso, a chuvia impediu que puidésemos realizar a actividade ao aire libre, no noso fermoso xardín dos contos; pero as ganas de celebrar esta xornada non diminuíron e reunímonos no ximnasio, no que houbo lecturas compartidas, xogos, sorteos, doces e moita diversión.

 Aquí tedes algunhas fotos, pero podedes ver unha reportaxe fotográfica máis completa no vídeo que tedes ao final desta entrada. Tamén podedes velo en YouTubeAmadriña un lector 2023 (Biblioleiras)





Agradecementos especiais: ó profesorado colaborador, tanto do noso centro como do Casás;  á Biblioteca Provincial (Nodal) pola escolla e préstamo dos libros para esta actividade; e a Belén de cafetería por prepararnos as chuches e as augas. 

Mil grazas a tod@s!