xoves, 8 de marzo de 2012

Día Internacional da Muller




Obra de Julien Dupré

Hoxe 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller valente e loitadora que ten que esforzarse máis que os homes para poder triunfar no ámbito político, laboral e social. Este ano está dedicado primordialmente a todas as mulleres da área rural que contribúen co seu traballo a reducir os niveis de pobreza e fame en moitas partes do mundo.

Desde aquí queremos reivindicar a mellora das condicións de vida das mulleres campesiñas e reclamar os mesmos dereitos e dignidade para homes e mulleres.
Aínda que os progresos feitos polas mulleres desde o século pasado foron enormes, persiste a discriminación de xénero: violencia machista, diferenzas salariais, dificultades para acceder ao mundo laboral e a postos de relevancia ...

Eduquemos na igualdade e conseguiremos un mundo máis xusto.

1 comentario:

  1. Paréceme inconcebible que aínda hoxe teñamos que estar escoitando cada ano que a muller, mesmo en España, cobra un 20% menos por facer o mesmo traballo ca un home. O dito: inconcebible.

    ResponderEliminar