jueves, 15 de marzo de 2012

Festival Xuvenil de Teatro Grecolatino


O Gustavo Freire acolleu, o 13, 14 e 15 de marzo, unha nova edición do Festival Xuvenil de Teatro Grecolatino, que organiza a asociación Prósopon e a sección galega da SEEC en colaboración co Concello de Lugo. O alumnado do Leiras que cursa Grego en 1º e 2º de BAC e Cultura Clásica en 4º de ESO, non podía faltar á cita. Asistimos, pois, á representación de dúas traxedias gregas e unha comedia latina, co obxectivo de coñecer mellor o xénero dramático e algúns dos mitos gregos máis coñecidos e xa estudados na clase. E, sen dúbida, a actividade cumpriu todas as nosas expectativas. Por unhas horas, actores e actrices non profesionais fixeron posible o soño de trasladarnos á Antiga Grecia. Vaia desde aquí a nosa admiración e recoñecemento por ese enorme esforzo de memorización e interpretación.
O grupo Noite Bohemia do IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña representou a Electra de Sófocles. Unha impresionante montaxe para unha historia de vinganza, amor e morte. Sorprendeunos o innovador sistema de retroproxección que utilizaron e a vistosidade da coreografía. Pero o que, sen dúbida, máis nos impactou, foi a excelente interpretación da protagonista, Electra.

Electra de Sir William Blake Richmond

O grupo Noite Bohemia

Lusco e Fusco, categoría inferior de Noite Bohemia, permitiunos rebaixar a tensión que esixe unha traxedia, coa representación da Aulularia de Plauto. Puidemos rirnos das preocupacións do avaro Euclión por manter a bon recado unha pota chea de moedas de ouro.
O grupo Parrocha do IES Elviña da Coruña trouxo a escena a Medea de Eurípides. Desgraciadamente trátase dun mito reconocible na actualidade. Os medios de comunicación, a miúdo, ofrécennos noticias protagonizadas por parricidas que nos lembran a Medea. Como non podía ser doutra maneira, os herdeiros do grupo Sardiña non defraudaron. Entusiasmounos o seu extraordinario respecto pola esencia da traxedia grega. E, especialmente, cativounos a interpretación de Medea, esa muller malvada, feiticeira e vengativa, que, ao non poder conseguir o amor do seu esposo Xasón, foi capaz de matar aos seus propios fillos.

Medea de Delacroix

Medea de Paul Cézanne

Aquí déixovos un vídeo no que podedes volver ver o agón, ou episodio no que se enfrontan Electra e a súa soberbia nai, Clitemnestra.

7 comentarios:

  1. A mi la obra que más me gustó fue la de "Medea". Me pareció entretenido el argumento, que quieren echarla del país y ella planea la venganza para Jasón matando a sus propios hijos y a su futura esposa. Los actores estaban bien metidos en su papel e interpretaban bien a sus personajes (especialmente Medea con ganas de venganza). y el escenario y el vestuario estaba bastante bien trabajado. Iván 2ºBAC

    ResponderEliminar
  2. Las obras resultaron muy entretenidas,los actores jóvenes y lo hicieron muy bien, me gusto mucho como actuaron en las dos tragedias y como lo tenían todo preparado, la puesta en escena estaba muy elaborada. Personalmente la obra que mas me gusto fue "Jasón y Medea", pero las demás también estuvieron fantásticas. Noelia 2ºBAC C.

    ResponderEliminar
  3. De las 3 obras,la que mas me gusto fue la primera,Electra,representada por el grupo "noite de bohemia" del IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña.Creo que estuvo muy bien representada,a pesar de lo dificil que podia ser,sobre todo la protagonista,que estuvo genial.Por lo demas,la obra no se desviaba de la original de sofocles.
    Joel 2ºbac

    ResponderEliminar
  4. La obra que más me gustó fue la tragedia de "Medea". Me gustó mucho la representación de los actores, ya que se trataba de una difícil obra y también porque te mantenía intrigado durante cada escena. También me pareció muy buena la vestimenta que utilizaban sobre todo las actrices. Lo que menos me gustó fue el coro porque resultaba un poco repetitivo, aburrido y un poco agobiante. En general, me pareció muy interesante.

    Carmen 1º BAC

    ResponderEliminar
  5. Electra é unha traxedia que o grupo Noite Bohemia soubo interpretar moi ben, aínda que non era doado . Víase como a protagonista defendía a súa ira fronte a súa nai, porque esta matara o seu pai Agamenón. Clitemnestra (a nai de Electra) defendía que matara o seu home porque este matara a súa filla Ifixenia para axudar o seu irmán Menelao. E Orestes, que era fillo de Agamenón e Clitemnestra, tamén se quería vingar da súa nai, tras saber que matara o seu pai, e este, o remate da traxedia, mata a súa nai e o seu amante Existo.Os personaxes souberon desenvolverse moi ben no papel que lles tocaba facer.Souberon adaptar o vestiario a cada personaxe: o de Clitemnestra ou Crisótemis era elegante, digno de xente que vive en condicións boas, acomodadas, mentres que as escravas e Electra vestían prendas máis humildes. O son en cada escena tamén era o adecuado, porque te situaba nunha escena de tensión, de intriga, de discusión....Por todo isto, a min foi a obra que máis me gustou. Bea 2ºBAC C

    ResponderEliminar
  6. Me gustaron mucho las dos representaciones de las tragedias pero mi favorita fue Medea. La actriz principal actuaba muy bien por lo que fue fácil de entender el argumento de la obra, los demás actores también lo hacían bien. Además la obra tenia un buen vestuario y una buena puesta en escena.

    Laura 1º BAC

    ResponderEliminar
  7. Soy Paula, la actriz que hace de Medea en el grupo Parrocha. Lo primero expresaros mi enorme gratitud por vuestros comentarios. Tanto para la directora de Medea, que también está al tanto de vuestros comentarios, como para mí, mantener el listón del grupo y el respeto por la tragedia griega, era fundamental, y por ello, vuestra alabanza hacia estos dos puntos tan importantes para nosotras nos ha hecho una ilusión especial. Muchas gracias por vuestros comentarios (que llegarán a todo el grupo Parrocha) y seguid yendo al teatro y disfrutando con él.

    ResponderEliminar