sábado, 24 de marzo de 2018

Visita ao CEIP Menéndez Pelayo (19-03-2018)

Un grupo de alumnos de 1º de ESO visitou á Exposición de material escolar antigo (2ª metade do século XX) no CEIP Menéndez Pelayo.
Invitados pola Biblioteca do colexio, actuou como anfitrión o director do mesmo, explicándonos a procedencia, uso e características de cada obxecto exposto. 


Pasámolo estupendamente, ao tempo que descubrimos e/ou lembramos aparellos, libros, utensilios... que forman parte do pasado, non tan lonxano, da nosa historia escolar. 

A continuación podedes ver a reportaxe fotográfica completa da visita:
Visita ao CEIP Menéndez Pelayo                          Exposición material escolar antigo   19-03-2018 on PhotoPeach


domingo, 4 de marzo de 2018

DÍA de ROSALÍA (24 de febreiro)



 Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, leuse un manifesto e os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, enviaron postais cos versos de Rosalía aos máis diversos lugares do mundo.
 


 









Aquí tedes o enlace do Blog do EDLG, É un falar, onde podedes ver o vídeo completo do acto.