venres, 7 de xaneiro de 2011

"Donde nadie te encuentre", Premio Nadal 2011

A famosa creadora da saga da detective Petra Delicado foi obsequiada a noite de Reis co pretixioso Premio Nadal pola súa novela Donde nadie te encuentre.


Alicia Giménez Barlett recrea a personaxe de Teresa Pla Mesenger, a guerrilleira que na España dos anos 50 foi máis coñecida como "a maquis hermafrodita", alias A Pastora, Teresota ou Durruti.

Aínda que a novela está inspirada nesta personaxe real que inciou a súa vida como muller e acabouna como home -Florencio-, non é unha novela histórica senón unha novela de aventuras.


O interese de Alicia Giménez Barlett pola mítica maquis xurdiu xa na súa infancia, cando as nenas cantaban: "Viva a Garda Civil que atrapou á Pastora, muller de malos instintos, fea, mala e pecadora".


Ademáis da saga Petra Delicado, a gañadora do Nadal 2011 ten publicados ensaios, relatos e novelas entre as que destacamos as seguintes:





E se queres saber máis, pincha nos seguintes enlaces:

Ningún comentario:

Publicar un comentario