luns, 20 de decembro de 2010

Actividades de animación á lectura

Os vindeiros 21 e 22 de decembro desenvolveránse unha serie de actividades organizadas polo Equipo da Biblioteca en colaboración cos Departamentos de Lingua e Literatura castelá, Lingua e Literatura galega e o Equipo de Dinamización Lingüística.
As actividades encamiñadas a fomentar a lectura serán as seguintes:

Martes 21 de decembro

Na sala de usos múltiples

  • 10:10: Actividade de animación á lectura: La Celestina (1º de BAC)
  • 12:20: Actividade de animación á lectura: Queimamos os libros? (2º ESO)

Na biblioteca

  • 13:30: Belén Regueiro, membro de Amnistía Internacional, comentará o libro Descalzas polas rochas e tratará o tema da violencia de xénero co alumnado do Club de Lectura de 3º e 4º de ESO e 1º de BAC e de Literatura Galega e Universal de 2º de BAC.

Mércores 22 de decembro

  • 11:30-13:30: Obradoriro HIPHOP en galego conducido por Brais e Boyero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario