martes, 19 de outubro de 2021

AS ESCRITORAS DO LEIRAS

 AS ESCRITORAS DO LEIRAS



Como xa sabedes, outubro é o mes das escritoras ... 



     ...e como non das escritoras do  Leiras


Iria Burgo,
alumna de 2º de ESO do Leiras,  resultou  ser a gañadora da 1ª quenda do Concurso de #Microrrelatas 


 

LAURRÁ

Era un luns ás 9.00 da mañá e a miña compañeira Laura e mais eu estabamos a facer un traballo de Bioloxía. Este consistía en ir a un bosque e identificar os diferentes tipos de árbores. Estaba observando un fermoso castiñeiro cando me decatei de que a nena non estaba canda min. Decidín chamala ao teléfono móbil e este comezou a soar entre as follas duns estraños fentos. Laura non aparecía por ningunha parte. Eu estaba preocupada por ela, ata que por fin a vin... pero nun corpo que non era o seu. Era unha ra! Distinguina porque aínda que era un anfibio, tiña unas cabelos vermellos moi ben peiteados. Nese momento o único que me preocupaba era a rapaza e por iso decidín deixar o traballo para logo. Tiña un misterio que resolver.

                               Iria Burgo

http://e-un-falar.blogspot.com/2021/10/temos-xa-primeira-ganadora-do-concurso.html


Rosalía Bernárdez Riopedre,
 alumna de 4º de ESO do Leirasgañadora da 2ª quenda do Concurso de #Microrrelatas 


SOMBRAS

Camiñaba pola rúa. Apurando os pasos imprecisos, atravesei o centro de Lugo, agardando o primeiro resplandor da treboada. Onda a muralla, o vento xeado golpeaba o abrigo vello, livián, de remendado chafalleiro; a lúa asubiaba o meu nome. Un brillo afastado atraera a miña vista, andei amodo, coas cóxegas incesantes acariñando as miñas costas. Noite de defuntos, rúas espidas, ceo nú, estrelas amortuxadas. A cacharela refulxía, achegueime, a miña sombra negra avanzou máis veloz sobre a pedra rugosa do groso muro, bailando ao compás do reflexos baleiros das laparadas. Notei o golpe seco, sobre a testa. As pingas de auga caían con forza, precipitábanse sobre o mundo real, mortal, tanxible. Esfumouse a cacharela, detiven o movemento, a miña sombra, pola contra, seguía danzando, xunto aos longos filamentos, vestixios do lume esvaecido.

                  Rosalía Bernárdez

http://e-un-falar.blogspot.com/2021/10/outra-alumna-do-leiras-ganadora-da-2.html  


Adriana Fernández  Pazó 

alumna de 4º de ESO do Leiras

resultou gañadora na terceira quenda do certame #MicrorrelatAs co seu fantástico e agoniante "Quero escapar deste traxe laranxa"


http://e-un-falar.blogspot.com/2021/10/triplete-de-ganadoras-microrrelatas.html



Noa Rodríguez Carballeira,

alumna de 4º ESO do Leiras

 

 

gañadora da cuarta quenda de #MicrorrelatAs


https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEgNHRvvN-pvjQD79hEHEV5-D_htN90rPWA99d-xyVUjr7K32ZGxJ2X_EjVDKVwT19rALu4O1OInNj1rC22bIL9j84ssbUPtmVy2GtGUM6cpR9bIaiKy2wkdJ7JFJNUsaXit_iTusJDw7hZ8oMbYMyAO1aOS1s_k9rXhtU9rwkWHFeyuK6YhzqHhQg=s964

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario