sábado, 23 de outubro de 2021
Día das Bibliotecas 2021
martes, 19 de outubro de 2021
AS ESCRITORAS DO LEIRAS
AS ESCRITORAS DO LEIRAS
Iria Burgo,
alumna de 2º de ESO do Leiras, resultou ser a gañadora da 1ª quenda do Concurso de #Microrrelatas
LAURRÁ
Era un luns ás 9.00 da mañá e a miña compañeira Laura e mais eu estabamos a facer un traballo de Bioloxía. Este consistía en ir a un bosque e identificar os diferentes tipos de árbores. Estaba observando un fermoso castiñeiro cando me decatei de que a nena non estaba canda min. Decidín chamala ao teléfono móbil e este comezou a soar entre as follas duns estraños fentos. Laura non aparecía por ningunha parte. Eu estaba preocupada por ela, ata que por fin a vin... pero nun corpo que non era o seu. Era unha ra! Distinguina porque aínda que era un anfibio, tiña unas cabelos vermellos moi ben peiteados. Nese momento o único que me preocupaba era a rapaza e por iso decidín deixar o traballo para logo. Tiña un misterio que resolver.
Iria Burgo
http://e-un-falar.blogspot.com/2021/10/temos-xa-primeira-ganadora-do-concurso.html
Rosalía Bernárdez Riopedre,
alumna de 4º de ESO do Leiras, gañadora da 2ª quenda do Concurso de #Microrrelatas
SOMBRAS
Camiñaba pola rúa. Apurando os pasos imprecisos, atravesei o centro de Lugo, agardando o primeiro resplandor da treboada. Onda a muralla, o vento xeado golpeaba o abrigo vello, livián, de remendado chafalleiro; a lúa asubiaba o meu nome. Un brillo afastado atraera a miña vista, andei amodo, coas cóxegas incesantes acariñando as miñas costas. Noite de defuntos, rúas espidas, ceo nú, estrelas amortuxadas. A cacharela refulxía, achegueime, a miña sombra negra avanzou máis veloz sobre a pedra rugosa do groso muro, bailando ao compás do reflexos baleiros das laparadas. Notei o golpe seco, sobre a testa. As pingas de auga caían con forza, precipitábanse sobre o mundo real, mortal, tanxible. Esfumouse a cacharela, detiven o movemento, a miña sombra, pola contra, seguía danzando, xunto aos longos filamentos, vestixios do lume esvaecido.
Rosalía Bernárdez
http://e-un-falar.blogspot.com/2021/10/outra-alumna-do-leiras-ganadora-da-2.html
Adriana Fernández Pazó
alumna de 4º de ESO do Leiras
resultou gañadora na terceira quenda do certame #MicrorrelatAs co seu fantástico e agoniante "Quero escapar deste traxe laranxa"
http://e-un-falar.blogspot.com/2021/10/triplete-de-ganadoras-microrrelatas.html
Noa Rodríguez Carballeira,
alumna de 4º ESO do Leiras
gañadora da cuarta quenda de #MicrorrelatAs.
sábado, 16 de outubro de 2021
DÍA DAS ESCRITORAS 2021
DÍA DAS ESCRITORAS 2021
18 DE OUTUBRO 2021
"Los libros habían ido recogiendo nuestras edades. Las edades de la vida. Una biblioteca en el corazón."
Marifé Santiago Bolaños, comisaria de la VI Edición del Día de las Escritoras 2021
DÍA DAS ESCRITORAS: 18 de outubro 2021
A Biblioteca Nacional de España celebra a sexta edición do Día da Escritoras co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.
Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús (1515-1582), que se conmemora este ano o lúns 18 de outubro.
2021
VI edición: Leer las edades de la vida
Marifé Santiago Bolaños, comisaria de la VI Edición del Día de las Escritoras 2021
Ellas nos cuentan de dónde nace su vocación
Un só día sabe a pouco, por iso na BiblioLeiras adicarémoslles máis tempo con exposicións e actividades.
Emilia Pardo Bazán e Carmen Laforet
terán unha presencia especial
por estar de
aniversario
CENTENARIO PASAMENTO DE EMILIA
e 170 anos do séu nacemento)
(setembro 1851- maio 1921)
CENTENARIO NACEMENTO DE
CARMEN
(setembro 1921-setembro 2021)
O NOSO HUMILDE HOMENAXE
venres, 15 de outubro de 2021
Un libro para a biblioteca de Emilia. 24 de outubro: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS 2021.
24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021. A biblioteca de Emilia
La historia del Día Internacional de las Bibliotecas
En 1992, la Biblioteca Nacional de Sarajevo quedó totalmente en ruinas debido al conflicto bélico de los Balcanes. La imagen que quedó grabada en la mente del mundo fue la del músico Vedran Smailovic, tocando su violonchelo entre los escombros del hermoso edificio, que también había realizado la función de Casa de Gobierno en el siglo XIX.
El memoricidio es la palabra que se utiliza para describir la destrucción del acervo cultural de un pueblo. El médico e historiador croata Mirko D. Grmek, utilizó por primera vez este término en un discurso que diera ante las Naciones Unidas, dando origen no solo a la palabra sino al propósito de este organismo de evitar a toda costa que este tipo de crímenes de guerra siguiesen ocurriendo en el mundo.
Un libro para a biblioteca de Emilia
O seu afán lector non coñecía fronteiras
Calcúlase que a biblioteca particular de Pardo Bazán puido alcanzar os 20.000 volumes
O Equipo de Biblioteca quere convidar á comunidade educativa (alumnado, persoal docente e non-docente) do Leiras Pulpeiro a actualizar a Biblioteca de Emilia Pardo Bazán.
Que libro (publicado con posterioridade ó seu pasamento -maio 1921) lle recomendarías?
Imos organizar unha exposición coas achegas dos membros da comunidade que poderá ser visitada a partir do día 24 de outubro para celebrar o Día das Bibliotecas.
Sendo unha intelectual con tantas inquedanzas seguro que lle interesarían moitas das obras publicadas despois da súa morte (1921).
Cal sería a túa achega?
Podes facernos chegar (en préstamo!!!) o libro / ou fotocopia a cor da portada xunto cos teus datos (nome, apelidos e curso (alumnado) e se che apetece unha breve xustificación da escolla.
Recolleremos as vosas achegas durante o recreo na BiblioLeiras hasta o xoves 21 de outubro.
Haberá un sorteo dun agasallo entre tod@s @s participantes.
Grazas por participar
A singular biblioteca de
Dona Emilia
Non cabe dúbida de que Emilia Pardo Bazán foi unha prolífica escritora que cultivou en abundancia a novela, o conto, o ensaio, o teatro e o xornalismo, con incursións na biografía e a poesía. Pero non menos torrencial foi a súa paixón pola lectura, como evidencia a súa singular biblioteca, unha colección heterodoxa que reflicte os variados gustos da autora e un amplo coñecemento tanto da tradición literaria como das correntes máis innovadoras da súa época; unha biblioteca que acolle a mesma diversidade de xéneros e estilos que a súa propia obra, caracterizada por unha evolución constante. Por iso, é imprescindible coñecer que lía Pardo Bazán para poñer en contexto a súa escritura.
Non moito máis tarde, cando empezou a estudar no colexio francés de Madrid, comezou a familiarizarse coa literatura francesa, de tal maneira que con catorce anos e dominando á perfección o francés, xa lera a Alejandro Dumas, George Sand e Víctor Hugo. Esta afección sempre a acompañaría e faría que se convertese nunha das grandes difusoras das letras galas en España, como algo máis tarde sucedería co seu fervor divulgador dos grandes novelistas rusos do século XIX(Turguenev, Fedor Dostoievski y León Tolstoi)
Tamén contribuiría á súa formación lectora a súa biblioteca familiar, formada por un volteriano avó e o seu liberal pai. Despois da súa voda e de viaxar por Europa, os seus horizontes ampliáronse e ademais de introducirse na literatura inglesa, o que a levou non só a ler, senón mesmo a traducir a Shakespeare e Byron, comezou a interesarse pola filosofía a través do krausismo. De Platón a Descartes pasando por Kant e Spinoza, en pouco tempo converteuse nunha experta na historia da filosofía, ata o punto de que decidiu aprender alemán para poder ler no seu idioma orixinal a Hegel, porta de entrada á literatura alemá que a levou a Schiller, Goethe ou Heine.
Ata este momento, e máis aló das súas incursións xuvenís, non era moi afeccionada á narrativa, pero cando descubriu o novo mundo que lle ofrecía a novela, a súa inmersión na prosa foi igual de apaixonante. Con todo, aínda que se mergullou en Manzoni, Walter Scott ou Dickens, apenas lía a novelistas españois. Só despois de descubrir a gran xeración de autores formada por Valera, Alarcón, Pereda, Clarín e Pérez Galdós atreveuse a dar o paso lóxico e converterse ela mesma en escritora coa súa primeira novela, Pascual (1879), na que se deixaba notar a influencia da picaresca española.
O seguinte paso na súa evolución foi o coñecemento da nova literatura francesa, o que a levaría a ler as obras completas de Balzac, Flaubert, Zola ou os Goncourt e que a marcaría profundamente, importando non sen polémica o Naturalismo a España. Pero non hai que esquecer que a pegada dos clásicos españois, manifestada no seu perpetuo recoñecemento de Cervantes, Lope ou Calderón, sempre estivo presente na súa obra. Por outra banda, foi unha gran admiradora da literatura catalá e grazas ao seu coñecemento do idioma puido ler os textos orixinais de Verdaguer, Víctor Català ( Caterina Albert) ou Rusiñol. Obviamente, tamén leu en galego aos grandes autores da súa terra, desde Rosalía a Curros Enríquez.
Pero o seu afán lector non coñecía fronteiras: na súa biblioteca atópanse obras persas, croatas, holandesas… Tampouco hai delimitacións cronolóxicas, e nela podíanse achar desde clásicos grecolatinos ata os autores máis novos e radicais. En conto aos xéneros, desde a relixión ata a ciencia, pasando polos libros de viaxes ou de cociña, ningún campo do saber parecía serlle alleo. Especial atención dedicou á literatura escrita por mulleres, o que lle levou a reivindicar o papel de autoras como Fernán Caballero ou George Sand, cuxos pseudónimos masculinos evidenciaban que a literatura feminina aínda estaba necesitada de recoñecemento.
Calcúlase que a biblioteca particular de Pardo Bazán puido alcanzar os 20.000 volumes, unha extraordinaria cifra que dá conta da súa case inigualable labor bibliófila. Na actualidade a Real Academia Galega alberga uns 8.000 exemplares
que foron catalogados por Mercedes Fernández-Couto Tella, mentres que o resto dos libros reunidos nas Torres de Meirás e que sobreviviron ao incendio de 1978 e están á espera de ser reunidos e estudados.
Emilia Pardo Bazán lectora
19.04.202138:08
En el cuarto capítulo del podcast Los lunes de Pardo Bazán la profesora Marisa Sotelo nos descubre otra faceta fundamental de la escritora, la de crítica literaria. Como para la mayoría de los autores del siglo XIX, la crítica en prensa fue una plataforma rápida de divulgación de opiniones y temas, que permitió a Pardo Bazán estar continuamente presente en el panorama cultural de su tiempo y, una vez más, ser pionera, abriendo una senda apenas transitada hasta ese momento por las mujeres. Las dos características que definen su crítica son el historicismo y el comparatismo. Doña Emilia, trabajadora incansable, publicó su último artículo en el ABC, "Aprendiz de helenista", un homenaje a don Juan Valera, un día después del fallecimiento de la autora. Lectora precoz, curiosa y con múltiples intereses, en su extensa biblioteca están catalogados unos 8.000 volúmenes, entre los que se encuentran no solo autores españoles, sino una amplia muestra de la literatura europea, singularmente francesa, pero también rusa, portuguesa, italiana, etc., que incluye libros de literatura, de ciencia, de filosofía, enciclopedias…
Un libro para a biblioteca de Emilia
O Equipo de Biblioteca quere convidar á comunidade educativa (alumnado, persoal docente e non-docente) do Leiras Pulpeiro a actualizar a Biblioteca de Emilia Pardo Bazán.
Que libro (publicado con posterioridade ó seu pasamento -maio 1921) lle recomendarías?
Imos organizar unha exposición coas achegas dos membros da comunidade que poderá ser visitada a partir do día 25 de outubro para celebrar o Día das Bibliotecas.
Sendo unha intelectual con tantas inquedanzas seguro que lle interesarían moitas das obras publicadas despois da súa morte (1921).
Cal sería a túa achega?
Podes facernos chegar (en préstamo!!!) o libro / ou fotocopia a cor da portada xunto cos teus datos (nome, apelidos e curso (alumnado) e se che apetece unha breve xustificación da escolla.
Recolleremos as vosas achegas durante o recreo na BiblioLeiras hasta o xoves 21 de outubro.
Haberá un sorteo dun agasallo entre tod@s @s participantes.
Grazas por participar