sábado, 23 de abril de 2011

23 de abril, Día do Libro



Como todos os anos desde 1995, cada 23 de abril celebramos o Día Mundial do Libro e os Dereitos de Autor.


A UNESCO, co obxectivo de fomentar a lectura, elixiu esta data en recordo do falecemento de dous grandes figuras da Literatura Universal, Miguel de Cervantes e William Shakespeare.


Para conmemorar este ano o Día do Libro, o poeta lalinense Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia o poema titulado "O lugar de lectura". Con el a Consellería de Educación editou este práctico marcapáxinas.(Dobrar en sentido lonxitudinal)



Unha illa de luz na xema dos dedos.


Unha porta sempre entreaberta.


Unha duna cara ao vento.


Unha nube sobre a herba.


Unha casa encantada.


Unha laranxa do paraíso.


Unha pousada no inferno.


Unha man e unha fouce.


Unha bufanda colorada.


Unha alfombra no ceo.


A pulga e o xigante.


A rosa e o cravo.


A serpe e a mazá.


A fonte e o cervo.


A flor de candea.


A fenda do espello.


A lúa na boca.


A tona do tempo.


A pedra e o canto.


A voz e o silencio.


O lugar da lectura.



Carlos Negro



Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; esquecido, un alma que perdoa; destruído, un corazón que chora.


Proverbio hindú

Ningún comentario:

Publicar un comentario