venres, 20 de maio de 2011

Equipo de Dinamización Lingüística en Monforte coa Real Academia Galega

















Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, 46 alumnos e alumnas, 7 profesoras e 1 profesor do noso centro, o martes día 17 de maio, asistimos á sesión extraordinaria e pública da Real Academia Galega que se celebrou en Monforte de Lemos para honrar e lembrar a figura e a obra de Lois Pereiro. Cabe salientar que o noso alumnado gozou coñecendo e, mesmo, falando con algúns dos académicos e académicas presentes no acto.


Despois dun xantar no campo, pola tarde visitamos a tumba do poeta en Santa Cristina de Viso ( O Incio), onde os rapaces e rapazas recitaron poemas do poeta homenaxeado. Ademais, Brais González, alumno do noso instituto e compositor de rap, interpretou un tema da súa autoría composto sobre textos de Lois Pereiro.














1 comentario:

  1. Grande, o equipo de dinamización lingüística do noso centro... Caras de ledicia nas fotos en Monforte. Sinto moito non poder ter estado convosco nesta marabillosa xornada.

    Grande, Lois Pereiro, monfortino cosmopolita. Di o escritor Pere Gimferrer "se Pereiro é menor, quen sería na súa xeración o poeta maior a quen, en teoría, tería que facérselle máis caso?"

    Non é máis quen máis escribe. Nuns poucos versos pode estar latente a alma, o amor, a paixón pola vida que se escapa, a certeza da segura morte que se achega. Escuros versos pero á vez de cores. A certeza de perder algo precioso que se escapa inexorablemente.

    Eu, galego pola sangue dos meus ancestros pero aínda un recén chegado á miña terra, dou as grazas aos académicos, e especialmente a Manolo Rivas, compañeiro de andanzas madrileñas e de "Loia", por deixarme descubrir a un poeta do que non sabía nada, pero que enche o corazón a quen se atreve a lelo. Grazas.

    ResponderEliminar