domingo, 22 de maio de 2011
O segredo da Frouxeira
O xoves 12 de maio proxectouse no salón de actos o documental "O segredo da Frouxeira" . O documental, que forma parte da Memoria Histórica e ten unha enorme carga dramática, é o resultado dunha longa investigación levada a cabo por Paulino Gasalla.
Trala proxección, o propio Paulino Gasalla comentou co alumnado de 1º e 2º de BAC como o fortuito achado na casa da súa sogra duns recortes de periódico levouno a iniciar unha minuciosa investigación co obxectivo de esclarecer a traumática desaparición de Alejandro Porto Leis, o último alcalde republicano de Serantes en Ferrol. "O segredo da Frouxeira" profundiza na historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas. Alejandro Porto Leis foi asasinado polo franquismo en 1938 xunto con Jesús Miño, Abelino Landeira e Modesto del Río, os tres veciños que o axudaron a ocultarse. Paulino reflexionou co alumnado sobre a importancia de atopar os cadáveres dos desaparecidos durante a represión franquista. Despois de máis de 70 anos, non é o afán de vinganza o que move as familias, senón unha necesidade de saber a verdade, para poder pechar esta vergonzante etapa da Historia de España.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Son os sentimentos de dor, e non os de venganza, os que moven ás persoas a buscar aos seus seres queridos, desaparecidos. Ninguén busca facer áinda máis dano, senón reparar o causado a eles. Maridos, mulleres, fillos e fillas... buscan descansar en paz despois de tantos anos de preguntas (onde está enterrado?, como o mataron?, que fixo realmente para merecelo?, por que?...)
ResponderEliminarÉ xusto que teñan unha resposta. En todo caso, e a mínima reparación que toda a sociedade lles debe, xa que non temos a suficiente valor para darlles outra maior, a que realmente merecen.
O goberno de cuarenta anos que sufriu este pais foi un goberno rebelde, non lexítimo, e os asesinados por ese goberno ilexítimo foron os verdadeiros defensores da democracia, palabra coa que tanto se nos enche a boca hoxe en día.
Non esquezamos, recordemos, para que nunca teñamos que revivir eses terribles tempos.