O sábado 2 de abril foi o "Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo". Para celebralo, no noso centro desenvolvéronse diferentes actividades ao longo da semana anterior. Entre elas, o alumnado de 1º de ESO do noso centro asistiu o mércores 30 a unha charla-coloquio sobre o autismo, impartida por Dona Otilia Vázquez Mouriz.
En 1968, Otilia Vázquez comezou traballar nun proxecto para que nenas xordas estudaran o bacharelato. Os dez últimos anos adicounos en especial a traballar con nenos con trastorno do espectro autista. Estivo destinada no CEIP "A Ponte", de Lugo, onde hoxe hai unha aula permanente para a atención a este tipo de alumnado. Otilia é hoxe un referente para outros profesores/as que traballan con autistas.
Precisamente, uns días antes de recibila no noso centro Otilia foi galardonada co premio "Entre Mulleres" do Concello de Lugo, pola súa dedicación entusiasmada ao traballo con este tipo de alumnado.
Otilia é, verdaderamente, unha MESTRA (con maiúsculas). Soubo gañarse a atención permanente dos rapaces e rapazas que tiña diante dela. Cunha linguaxe sinxela e directa, amosoulles a realidade dos seus compañeiros autistas: que poden esperar deles, como poden relacionarse, en que podemos axudarlles (e en que nos poden axudar eles a nós).
Escoitándoa, aprendimos a apreciar o que estes compañeiros poden ofrecernos. Por exemplo, sinceridade: nunca andarán con eufemismos connosco e, se teñen que decirnos o que non lles gusta de nós, nolo dirán sen rodeos.
E outra cousa ben importante: que todos (e non só eles) somos diferentes, con cadanseus gustos, preferencias e manías. Non hai dous persoas iguais.
Moitas grazas, Otilia, por vir a amosarnos todo iso. Volve cando queiras.
- Blog Adaptaautismo
- Presentaciones de Otilia
- Preguntas frecuentes sobre el autismo (Ministerio de Educación)
- El espectro autista (Junta de Andalucía)
- El espectro autista (Wikipedia)
Ningún comentario:
Publicar un comentario